Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Arqueoloxia Artigos Sábado 30 de xullo: Nova Xornada de portas abertas no Xacemento Paleolítico do Cabrón (Arbo)
Skip to content
Sábado 30 de xullo: Nova Xornada de portas abertas no Xacemento Paleolítico do Cabrón (Arbo) PDF Imprimir Correo-e

Arqueoloxía - Novas
Martes, 26 Xullo 2011 22:34
Diapositiva1

O vindeiro sábado 30 de xullo o Instituto de Estudos Miñoranos xunto co Concello de Arbo organizan unha xornada de portas abertas na finca O Cabrón (mapa). Os visitantes poderán contemplar de primeira man os traballos que nese achado do Paleolítico Inferior está a desenvolver a Sección Arqueolóxica do IEM.  A visita é para todo público e se poderá realizar en dúas quendas: as 11:30 e 18:30, contando as mesmas coa guía do equipo de traballo.

Programa da xornada:

11:30 h e 18.00-  Visitas  guiadas ao xacemento.

20:30 h – No Museo do Viño de Arbo.

Conferencia: “ O xacemento Paleolítico do Cabrón”

Xavier Simón (Alcalde de Arbo)

Xosé Lois Vilar (Instituto de Estudos Miñoranos)

Eduardo Méndez (Director da escavación)

Demostración de talla paleolítica por Manuel Ledo