Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Dende o 12 de xaneiro ata o 2 de febreiro.

 

A partir do vindeiro sábado 12 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM.
A programación constará dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis- Guomins, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos.

Programación

Sábado 12 de xaneiro- 19.30h
Jansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro de Nigrán.

Domingo 13 de xaneiro- 18.00h
Mamasiña que medo!, representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 19 de xaneiro- 19.30h

Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de Gondomar.

Domingo 20 de xaneiro- 18.00h

Rosa rosae, representada por Pritis- Guomins de Aula teatro Gondomar.

Sábado 26 de xaneiro- 19.30h
A revirada, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 27 de xaneiro- 18.00h

Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa de Viladesuso.

Sábado 2 de febreiro- 19.30h

O restaurante Farruco representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.
Maruxas 3.0, representada por Arredemo de Gondomar.
Está en:  Inicio Arqueoloxia Artigos Fíxose a primeira captura en 3D dun petróglifo do Val Miñor, na parroquia de Couso.
Skip to content
Fíxose a primeira captura en 3D dun petróglifo do Val Miñor, na parroquia de Couso. PDF Imprimir Correo-e

Arqueoloxía - Novas
Martes, 30 Agosto 2011 23:35

{youtube width="250" height="200"}4trZexN08TI{/youtube}

Os petróglifos do Sobral (Couso) ten dende esta madrugada unha réplica dixital en 3D. Trátase da primeira peza de arte rupestre miñorano que poderá ser arquivada e reproducida ad infinitum cunha precisión micrométrica. Esta verdadeira achega tecnolóxica - científica posibilitará aos investigadores  pescudar coas vantaxes  da tecnoloxía 3D: hologramas a tamaño real, proxección en pantallas multitáctiles, reprodución das pezas en diversos materiais, etc.

Ao longo do vindeiro mes de setembro os traballos conxuntos entre a Sección Arqueolóxica do IEM e mais os especialistas da Fundación ITMA  Instituto Tecnológico de Materiales de Asturias proseguirán noutros complexos de arte rupestre da bisbarra (Auga da Laxe, Outeiro dos Lameiros e Monte Tetón), co fin de materializar a primeira parte do proxecto " ESCANEO EN 3D SEN CONTACTO E MDT DE PETRÓGLIFOS DO VAL MIÑOR", no que  tamén participa o Instituto de Cerámica de Galicia (ICG).

A primeira xornada de traballo, contou coa participación dos especialistas da ITMA Luis Rovés e Pablo de Arquer, membros do Departamento de Óptica e electrónica. Os mesmos salientaron a riqueza do traballo conxunto que dende a tardiña do pasado luns e ata a madrugada deste martes, mantiveron cos arqueólogos e expertos do IEM. A actividade contou coa colaboración de membros da Comunidade de Montes de Couso, institución que leva adiante importantes traballos de investigación, recuperación e posta en valor do patrimonio cultural do monte desta parroquia do concello de Gondomar.

Este proxecto foi seleccionado (13/12/2010) pola Secretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e no DOG 246 de 24/12/2010 (páx 20.848) pola que se adxudican as subvencións correspondentes á tecnoloxía dos materiais e da construción dos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación tecnolóxica cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013. O custe do proxecto é de 103.717,55 € e a subvención cubre o 70%.