DICIONARIO DE ETNOGRAFÍA E ANTROPOLOXÍA DE GALIZA Imprimir

Arqueoloxía - Novas
Martes, 29 Xuño 2010 18:30
diccionario_de_etnografia_e_antropoloxia_de_2_Galicia

O próximo mércores, 30 de xuño, as 20:30 h, na libraría LIBRAIDA (Rosalía de Castro nº 13, Gondomar) terá lugar a presentación do DICIONARIO DE ETNOGRAFÍA E ANTROPOLOXÍA DE GALIZA (Edicións Nigratea) do que son autores Xosé Ramón Mariño Ferro e Xosé Manuel González Reboredo.

Xosé Ramón Mariño Ferro é profesor titular de antropoloxía cultural na Universidade de Santiago. Autor de numerosas publicación que tratan a bruxería, a medicina popular, as romarías, o entroido, a relixión... etc.

Xosé Manuel González Reboredo Etnógrafo e profesor retirado. Na actualidade é coordinador do Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego. Leva publicado un gran número de artigos e libros de temática antropolóxica.

Os autores serán presentados por Xosé Lois Vilar (arqueólogo e subdirector do IEM)

Links de intese: La Voz de Galicia, GaliciaHoxe.com