Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Arqueoloxia Artigos Escenas de caza na arte rupestre galega.
Skip to content
Escenas de caza na arte rupestre galega. PDF Imprimir Correo-e

Arqueoloxía - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 27 Xullo 2012 18:26
cervo

-Inclúe vídeo co coloquio do arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM) sobre "Escenas de caza na arte rupestre galega".
Os petróglifos, eses gravados nas rochas que atopamos ao longo do país, agochan un código de mensaxes dos que os seus autores non nos deixaron unha guía interpretativa. Afastados de nós nuns catro mil anos -os máis antigos- a distancia temporal fai aínda máis complexa a tarefa interpretativa. O noso compañeiro, o arqueólogo Xosé Lois Vilar, traballa na catalogación e estudo dunha serie deles que ten unha posible "idea" ou representacións común: as escenas de caza.
A partir destas pescudas, Vilar foi organizando unha serie de petróglifos de toda Galicia e Portugal, onde atópanse ditas escenas, caracterizadas pola presenza de cervos e outros zoomorfos con claros signos de representar a intervención directa do home sobre eles. Trampas, xinetes e cans xotando unha manda, ostentacións de armas, e outras representacións gravadas moitas veces a carón de debuxos esquemáticos ou xeométricos. Nalgúns casos claramente como parte da escena global, noutros como posibles palimpsestos, tan difíciles de interpretar como no primeiro caso.
A investigación de Vilar aínda non está pechada, nembargante, logo de varios anos de traballo, é posible para o arqueólogo compartir importantes achados e posibles deducións da comparativa dos debuxos, á luz das últimas pescudas e traballos desenvolvidos no eido arqueolóxico e historiográfico sobre o tema. Nese senso compartimos o vídeo correspondente ao coloquio sobre "Escenas de caza na arte rupestre", desenvolvido por Xosé Lois Vilar na Casa Consistorial de Tomiño con motivo da Xeira polo Monte Tetón o pasado venres 20 de xullo.
Dim lights Embed Embed this video on your site