Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Arqueoloxia Artigos Agresión ao conxunto arqueolóxico Agua da Laxe, Vincios (Gondomar).
Skip to content

Relacionados

Agresión ao conxunto arqueolóxico Agua da Laxe, Vincios (Gondomar). PDF Imprimir Correo-e

Arqueoloxía - Novas
Luns, 26 Xullo 2010 23:00
agresion agua da laxe
agresion 2
web9
web7
Download this file (Folleto Xeira 1 de 2010 maqueta 2.doc)
  • Anterior
  • 1 of 5
  • Seguinte

Traballos de canalización de augas da Consellería do Medio Rural, danaron o soporte dunha rocha con petróglifos duns 4000 a 3500 anos de antigüidade. A pedra afectada contén un grupo de alabardas que integran o "Conxunto Agua da Laxe Nº 4", a maior colección de gravados de armas de Europa.
Coñecida como a Lagoa dos Bromús, na parroquia de Vincios (Gondomar), a paraxe contén un depósito arqueolóxico apenas explorado onde se sitúa entre outras "A Pedra das Procesións".

A obra non conta coas necesarias cautelas arqueolóxicas, nin có preceptivo informe de Patrimonio. A remoción de terras pode afectar gravemente a riqueza patrimonial da zona.


Os danos están a ser avaliados nestes momentos por un grupo de arqueólogos do Instituto de Estudos Miñoranos.

Na brevidade informaremos os pasos a seguir.
Pódese ver a crónica da última xeira aos petróglifos onde se advertía sobre a desprotección do lugar. Tamén adxuntamos a folla informativa da mesma.

Attachments:
Folleto Xeira 1 de 2010 maqueta 2.doc[Folla informativa Xeira Mámoas de Prado e Agua da Laxe]425 Kb