Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Arqueoloxia Artigos
Skip to content
Novas
Fíxose a primeira captura en 3D dun petróglifo do Val Miñor, na parroquia de Couso. PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Martes, 30 Agosto 2011 23:35

{youtube width="250" height="200"}4trZexN08TI{/youtube}

Os petróglifos do Sobral (Couso) ten dende esta madrugada unha réplica dixital en 3D. Trátase da primeira peza de arte rupestre miñorano que poderá ser arquivada e reproducida ad infinitum cunha precisión micrométrica. Esta verdadeira achega tecnolóxica - científica posibilitará aos investigadores  pescudar coas vantaxes  da tecnoloxía 3D: hologramas a tamaño real, proxección en pantallas multitáctiles, reprodución das pezas en diversos materiais, etc.

Ler máis...
 
O Mercado da Tía Ni acolle un obradoiro e coloquio sobre arte rupestre cunha visita nocturna aos petróglifos. PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 23 Agosto 2011 22:04

xl-vilar

Xosé Lois Vilar (IEM), organiza este xoves 25 de agosto,  unha xornada de difusión arqueolóxica e cultural no Mercado da Tía Ni, na parroquia de Sabarís. A actividade comeza ás 20h cun obradoiro de arqueoloxía a cargo do experto Manolo Ledo. Ás 21 h servirase unha merenda de" fruita da horta do Cura de Belesar". Sobre as 21:30 Charla de Xose Lois Vilar sobre es escenas de caza na arte rupestre galega. Finalmente ás 22:30 h. partirá unha visita ós petróglifos de Outeiro dos Lameiros (Sabarís).
 
Sábado 30 de xullo: Nova Xornada de portas abertas no Xacemento Paleolítico do Cabrón (Arbo) PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Martes, 26 Xullo 2011 22:34

Diapositiva1

O vindeiro sábado 30 de xullo o Instituto de Estudos Miñoranos xunto co Concello de Arbo organizan unha xornada de portas abertas na finca O Cabrón (mapa). Os visitantes poderán contemplar de primeira man os traballos que nese achado do Paleolítico Inferior está a desenvolver a Sección Arqueolóxica do IEM.  A visita é para todo público e se poderá realizar en dúas quendas: as 11:30 e 18:30, contando as mesmas coa guía do equipo de traballo.

Ler máis...
 
O equipo arqueolóxico do IEM recibiu visitantes na primeira xornada de portas abertas en Arbo. PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Luns, 25 Xullo 2011 22:15

Cerca de 50 persoas achegáronse este luns 25 de xuño, á finca O Cabrón, no concello de Arbo para visitar o xacemento do Paleolítico Inferior no que traballa a Sección Arqueolóxica do IEM. O vindeiro sábado 30 terá lugar unha nova xornada aberta para aqueles que desexen coñecer o xacemento.

Ler máis...
 
Xornadas de portas abertas no xacemento paleolítico d´O Cabrón PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Venres, 22 Xullo 2011 20:41

bifaz

Unha vez iniciada a segunda fase de escavacións no xacemento paleolítico da finca d´O Cabrón, o luns, 25 de xullo, haberá unha xornada de portas abertas na que os veciños e veciñas de Arbo e todas as persoas interesadas poderán tanto contemplar os traballos arqueolóxicos como recibir explicacións sobre os traballos e achados por parte dos especialistas do IEM.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 8