Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Arqueoloxia Artigos
Skip to content
Novas
Asínase convenio para a investigación e divulgación do xacemento paleolítico en Arbo. PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Domingo, 17 Xullo 2011 12:38

edu-carlos-xavier-simon-paula-lima

 
O alcalde de Arbo, Xavier Simón, e o director do IEM, Carlos Méixome, asinaron esta mañá, no salón de plenos da casa do concello de Arbo, un convenio de colaboración para iniciar unha segunda fase de escavación e investigación do importante xacemento paleolítico situado na finca d´O Cabrón, no concello de Arbo, así como realizar unha serie de actividades de divulgación dos resultados.
Ler máis...
 
Visita nocturna aos petróglifos do Parque Tourón con Xosé Lois Vilar. PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 15 Xullo 2011 01:19

petroglifo-touron-iem

Dentro das Xeiras "Alén Miñor", saídas fora da bisbarra do Val Miñor organizadas polo Instituto de Estudos Miñroranos, visitarase os Petróglifos de Tourón no concello de Pontecaldelas. O punto de encontro será o Centro de Interpretación de Arte Rupestre do Parque Tourón, este venres 15 ás 22:30 horas. A actividade tamén atópase no marco da II Festa de exaltación da Arte Rupestre de Pontecaldelas.
Ler máis...
 
O IEM na inauguración do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre en Campo Lameiro. PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Xoves, 07 Xullo 2011 01:33

{youtube width="250" height="200"}gBbBPW-hDOQ{/youtube}

Este mércores 6 de xullo tivo lugar a inauguración oficial do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Galicia situado no concello de Campo Lameiro. A Sección Arqueolóxica do IEM xunto con membros da Xunta Directiva da institución estiveron presentes, invitados polas autoridades da Xunta de Galicia.

Ler máis...
 
Proxecto Saiáns PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Escrito por Carlos Méixome   
Xoves, 02 Xuño 2011 00:14

portada-libro-topo-saians-vert-mascato-2

Dende hai tempo a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común "San Xurxo" de Saiáns ven demandando a colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos na realización de posta en valor do Castro do Alto da Medoña (Estea) e na recollida da toponimia da parroquia.

Ler máis...
 
O xeólogo Alfredo Pérez González fala do Paleolítco Inferior PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Martes, 24 Maio 2011 20:10
{youtube width="250" height="200"}nEA2PA15b8I{/youtube}
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 8