Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Arqueoloxia Artigos
Skip to content
Novas
Paleolítico Inferior en Galicia segundo o Dr. Arqueólogo Manuel Santonja. PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Venres, 20 Maio 2011 21:46
{youtube width="250" height="200"}GRGD4zHkaRk{/youtube}
 
Xornadas en Mos contra a destrución arqueolóxica da Serra do Galiñeiro. PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Venres, 13 Maio 2011 21:41

CARTAZ-XORNADAS

Dúas mesas redondas, unha reportaxe gráfica e máis unha excursión polo Alto do Galleiro, conforman o programa das "Xornadas contra a destrución da Serra do Galiñeiro Patrimonio Arqueolóxico". As actividades darán comezo o vindeiro domingo 29 de maio ás 9 horas no Pazo de Mos, onde comezará a andaina ata O Alto do Galleiro a 749m de altitude.
Ler máis...
 
O IEM participa no proxecto de dixitalización en 3D e realización de moldes en cerámica. PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 17 Febreiro 2011 22:27
xilberte_quico_carlos_vilar_ordenador
Os petróglifos do Val Miñor serán o centro dunha iniciativa de investigación aplicada que permitirá o escaneado en tres dimensións dos mesmos. O proxecto "Catalogación e dixitalización de petróglifos do Val Miñor e realización de modelos en xeopolímeros e cerámicas de arxila cocida", permitirá o desenvolvemento, por primeira vez en Galicia, da reprodución dixital dos petróglifos.
Ler máis...
 
Entrevista do IEM co Xefe de Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Martes, 07 Decembro 2010 23:54

o-cabron-3-webNunha reunión mantida entre Eduardo Méndez Quintas, director da Sección de Xeografía , Historia, Arqueoloxía e Etnografía do Instituto de Estudos Miñoranos e o Xefe de Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Eugenio Rodríguez Puentes, este comprometeuse a achegar os fondos necesarios para comezar os estudos de datación do xacemento do Paleolítico Inferior da finca "O Cabrón", no concello de Arbo.

Ler máis...
 
Xacemento O Cabrón: Escolma da última xornada PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Mércores, 10 Novembro 2010 21:51

{youtube width="200" height="160"}0VJjLQKX1nY{/youtube}

Os últimos días de traballo no xacemento O Cabrón permitiron atopar máis materiais e industrias do Paleolítico Inferior. A escolma de imaxes que deixamos rexistran a última xornada da Sección de Arqueoloxía do IEM no concello de Arbo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 8