Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Arqueoloxia Artigos
Skip to content
Novas
Informe das Xornadas de portas abertas na estación paleolítica de Arbo. PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 31 Xullo 2012 19:39

P1060284_Copiar

A xornada de portas abertas no xacemento d'O Cabrón concentrou a atención de centos de visitantes que decidiron contemplar  de primeira man as pegadas do home paleolítico máis antigas coñecidas en Galicia. Foron catro as percorridas guiadas polo xacemento a tal fin máis unha conferencia no Museo ARABO de Arbo, todas elas a cargo de Eduardo Méndez  Quintas da Sección arqueolóxica do IEM. Como ven sendo habitual en todas as campañas desenvolvidas na estación a prensa estivo presente para rexistrarllo. Compartirmos o informe da RTVG.

Ler máis...
 
Escenas de caza na arte rupestre galega. PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 27 Xullo 2012 18:26

cervo

-Inclúe vídeo co coloquio do arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM) sobre "Escenas de caza na arte rupestre galega".
Ler máis...
 
A estación arqueolóxica paleolítica de Arbo abre as súas portas ao público. PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 19 Xullo 2012 19:10

arbo-18-07-2012

O xacemento arqueolóxico paleolítico d'O Cabrón (concello de Arbo,) un complexo duns 300 mil a 500 mil anos de antigüidade, será aberto ao público este sábado 21 de xullo. Os visitantes poderán asistir no horario das 11:00h e ás 18.30h, para participar dun percorrido guiado polo equipo do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) que está a desenvolver a súa 3ª tempada de traballos nesa estación arqueolóxica.

Ler máis...
 
Inicio da 3ªc campaña de escavacións arqueolóxicas no xacemento do Paleolítico Antigo d'O Cabrón (Arbo). PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 13 Xullo 2012 20:17

traballos-2011-b

Por terceiro ano consecutivo inícianse traballos arqueolóxicos no xacemento do Paleolítico Antigo d'O Cabrón (Concello de Arbo). Este xacemento é o máis antigo dos coñecidos en Galicia, podéndose remontar máis aló dos 300.000 anos de antigüidade, e o que presenta unhas mellores condicións de conservación. Durante uns 10 días, un grupo de arqueólogos colaboradores da sección de Etnografía e Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), baixo a dirección de Eduardo Méndez Quintas, realizarán traballos de escavación nos diferentes niveis de ocupación deste xacemento.

Ler máis...
 
Os petróglifos de Agua da Laxe e Outeiros dos Lameiros xa teñen réplicas en 3D. PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 15 Setembro 2011 21:35

sobral

Continúan os traballos de captación de replicas dixitais en 3D dos petróglifos do Val Miñor que poderán ser arquivadas e reproducida ad infinitum cunha precisión micrométrica. Esta verdadeira achega tecnolóxica - científica posibilitará aos investigadores  pescudar coas vantaxes  da tecnoloxía 3D:  hologramas a tamaño real, proxección en pantallas multitáctiles, reprodución das pezas en diversos materiais, etc.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 8