Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Arquivos
Skip to content
O Castelo, patrimonio arqueolóxico da Serra do Galiñeiro. PDF Imprimir Correo-e

Xeografía e Historia - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 22 Febreiro 2011 20:19
castillo
Download this file (informe_castelo_galinheiro.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A Xunta de Galicia aprobou un anteproxecto de parque eólico na Serra do Galiñeiro. Pero neses montes existen varios relevantes xacementos de especial importancia para a Historia de Galicia. Un deles é o Castelo do Galiñeiro.
O xornalista Manuel Gago, o historiador da arte Rafael Rodríguez, o arqueólogo Xurxo Salgado e mais a fotógrafa e xornalista Soledad Felloza, elaboraron un documento de carácter divulgativo para amosar a relevancia deste sitio arqueolóxico de importancia clave para comprender unha época convulsa da nosa Historia. Moi pouca xente da zona, incluso, é consciente da súa posible importancia nun axitado período da Historia do noso país. Por desgraza, os estudos sobre a tardorromanidade e a primeira Idade Media están moi pouco avanzados en Galicia, malia existir un certo número de xacementos que polas súas dimensións e características orográficas só se poden definir como espectaculares. Os autores queren recuperar estes xacementos para o imaxinario e a cultura colectiva do mundo contemporáneo, como unha singularidade especial e altamente valiosa do noso patrimonio histórico.
Este documento quere axudar a comprender a toda a poboación a relevancia histórica dun sitio arqueolóxico que se verá directamente afectado pola construción do parque eólico.
Achegamos o artigo en PDF para a súa descarga.
Attachments:
Artigo Castelo Galiñeiro[ ]1866 Kb