Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D’A RELIXIÓN DO MAR o venres día 26 ás 20:00 horas.

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D'A RELIXIÓN DO MAR

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación, na libraría Paz desta cidade, do poemario A relixión do mar, de Xosé Iglesias Lamela, que obtivo en 2016 o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo convocado polo concello de Gondomar e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

O autor, mariñeiro en activo, rende neste libro unha homenaxe ao mar en todas as facetas con el relacionadas e faino coa forza, a autenticidade e a creatividade de quen ama profundamente o que fai e o que di; talvez por iso o poemario tivo unha traxectoria tan afortunada con abundancia de críticas favorables e presentacións en moitos lugares de Galicia. Agora tócalle recibilo a Pontevedra da man do tamén poeta (e máis cousas: profesor, etnógrafo, activista cultural) Calros Solla, gañador en 2011 do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo coa obra Holocausto zacoe, que compite con esta en forza, creatividade e orixinalidade, aínda que nun rexistro totalmente distinto.

O acto terá lugar o venres día 26 ás 20:00 horas na Libraría Paz, situada en rúa Peregrina nº 29 de Pontevedra.

Está en:  Inicio Arquivos
Skip to content
Unha mensaxe de amor á lingua dende a Patagonia arxentina. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 24 Maio 2012 21:38
2011_12_16_8734


O noso veciño de Morgadáns, Santiago Márquez Pérez, amigo e activo colaborador do IEM, achegounos dende a Patagonia arxentina, a súa actual morada, un vídeo onde manifesta o seu amor e respecto pola súa lingua galega. O mesmo foi elaborado no marco da campaña "Vitaminas para o galego", artellada polos medios de prensa que desenvolven a súa actividade de comunicación na nosa lingua.
Santiago marchou de Morgadáns sendo un neno. Arribou á Arxentina onde desenvolveu a súa vida e formou o seu fogar. A primeira etapa escolar a tivo na súa parroquia de Morgadáns en tempos onde o galego era "lingua clandestina", marxinada do ámbito do ensino formal. Nembargante, e a pesar de medrar finalmente nun país americano, conservou a súa lingua nai. Non só na fala. Comezou a escribila e aínda o fai, na esfera privada e tamén a través de textos literarios.

Dim lights Embed Embed this video on your site