Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Artigos A recuperación cívica da memoria no Val Miñor
Skip to content
A recuperación cívica da memoria no Val Miñor PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Artigos
Escrito por IEM   
Xoves, 26 Abril 2012 23:15
Placa-Volta-do-Nove


Presentamos o artigo A recuperación cívica da memoria no Val Miñor, escrito por Carlos Méixome (director do IEM), para o libro Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América debates para unha historiografía, (Ediciones Trea, 2012).
O mesmo recolle entre outros, os traballos de exhumacións feitos polo IEM nos cemiterios de Baiona e San Xián; as pescudas nas Causas Militares contra veciños do Val Miñor atopadas no Arquivo Militar Intermedio do Ferrol; así como as múltiples actividades que no eido da memoria desenvolvéronse nos últimos anos.
Para descargar o artigo preme aquí.