Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Encontros con contos- Contos saharauís en galego. Xoves, 24 de agosto ás 18:00h.

O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” e “ A bolboreta e a formiga” “ O ourizo e o lobo”” A velliña e o home enfermo” “ O pantalón de Alí” ) .
Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.

Está en:  Inicio Biblioteca
Skip to content
Xeira “Noite de estrelas e lobos” na serra da Groba, mércores 11 de agosto. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Información
Venres, 06 Agosto 2010 19:23
lobo-y-luna
Download this file (Folleto Xeira 6 de 2010 maqueta 2(2).doc)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Xeira que comeza co punto de encontro ás 22 h. do mércores 11 de agosto na Chan da Lagoa, no concello de Baiona. Hai que subir pola estrada da Virxe da Roca. Despois de xuntarnos todos, continuaremos en coche ata a Cruz de Pao, uns 11 km. Pica aquí para ver o mapa. Agora toca andar e ver o campo de mámoas antes de chegar ao Foxo Pedriño para escenificar a captura do lobo. Co lobo xa no foxo, metaforicamente falando, tocaralle a quenda as estrelas.

Guías: Xilberte Manso, Xosé Lois Vilar e Gustavo Sanromán.

RECOMENDACIÓNS:

  1. Roupa de abrigo.
  2. Levade algunha manta ou toalla grande para por no chan e poder mirar para o ceo nunha posición cómoda.
  3. Levade bebida quente ( chocolate, café, té, etc) lanterna e algún instrumento para facer ruído para espantar o lobo.
  4. Algo para comer e moitas ganas de gozar da natureza con respecto e agarimo
  5. Pica aquí para ver o calendario, imaxes e crónicas das Xeiras IEM do verán 2010.
Achegamos folla informativa
Attachments:
Xeira Noite de estrelas e lobos[ ]633 Kb