Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Biblioteca
Skip to content
Preferir produtos galegos etiquetados na nosa lingua é unha maneira de sermos galegos galeguizados. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Sábado, 14 Xullo 2012 00:07

{youtube width="250" height="200"}_vqrpfT1Sb0{/youtube}

-Elixir establecementos que se identifican coa nosa identidade é unha boa maneira de pedir que se respecte a nosa lingua nas relacións cos clientes.


Non son poucos os empresarios miñoranos que decidiron hai tempo nomear os seus establecementos na nosa lingua. Non é ningún secreto no eido comercial que os clientes prefiren os lugares onde se "respira" proximidade cos seus hábitos e costumes. Se son turistas, aínda mellor, o autóctono é a maior sedución á hora de elixir os destinos gastronómicos ou de vista . A quen seduciría mercar en Francia obsequios con etiquetas en inglés ou en mandarín?
Nembargante, aínda mantense a costume de etiquetar produtos da terra noutras linguas. A Irmandade Galega de Adegueiros convídanos a través do Foro E. Peinador a non comportarnos como consumidores pasivos e promovamos a galeguización comercial. Respondamos ás propostas que nos fagan en calquera establecemento cun prego rotundo e amable á vez: "Etiquetados en galego, por favor".