Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Biblioteca
Skip to content
Sons e imaxes da audición musical no Patio de Armas do Pazo do Conde de Gondomar. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Mércores, 15 Agosto 2012 01:27
conde-lopezbenito

Érase unha tarde de verán en Gondomar, fresquiña e có ceo ameazando choiva. Sesenta e cinco cadeiras rodeaban o escenario imaxinario onde o musicólogo Manuel López Benito ía dirixir unha das súas fantásticas audicións musicais, esta vez no senlleiro Patio de Armas do Pazo do Conde de Gondomar. A velada resultou toda unha experiencia para as máis de duascentas persoas que gozaron en directo dunha escolma de música clásica que lles fixo viaxar por catro séculos da man dos grandes mestres e os relatos contextualizados do especialista.
As cadeiras e os programas quedaron curtos para unha asistencia que mutiplicou por catro as previsións da organización. A soleira do Pazo fixo de palco improvisado e o céspede do Patio de Armas foi a tribuna elixida polos que decidiron gozar da audición en contacto directo coa natureza. Os muros medievais do Pazo dende onde Don Diego Sarmiento de Acuña (I Conde de Gondomar) outeaba as andainas de Francis Drake polas costas do val, recibiron esta merecida homenaxe.
Compartimos unha escolma de imaxes e sons da velada celebrada o pasado luns 13 de agosto de 2012.
Dim lights Embed Embed this video on your site