Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Ana Pontón no 1º faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros". Problemáticas do territorio: Lei de Montes e Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais”. Venres día 16 de febreiro ás 20:30h.

O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir o venres día 16 de febreiro ás 20:30h ao primeiro faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros no que intervirá a voceira do grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón.

O acto será presentado por Xulián Maure Rivas (Director do IEM) e moderará a xornada David Reinero (Xornalista).

O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de problemáticas do territorio: Lei de Montes e Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais"

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

Está en:  Inicio Ciencias físico - naturais
Skip to content
Sinatura do convenio entre o Club Marítimo Marisma da Ramallosa e o IEM. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Domingo, 19 Decembro 2010 08:39
convenio-cmmr

Tras varios anos de colaboración en diversas actividades entre o Club Marítimo Marisma da Ramallosa (CMMR) e o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), a directiva do Club e a Xunta de Goberno do IEM acordaron a integración das dúas asociacións, polo que a partir do convenio que se asinará o próximo lúns, 20 de decembro, ás 20:30h na Aula de Cultura "Ponte de Rosas", sede do Instituto de Estudos Miñoranos, o CMMR pasará a constituírse como sección Marítimo-Fluvial do Instituto de Estudos Miñoranos.


Como se sinala no convenio que se asinará o lúns: En función da súa natureza e obxectivos, ambas entidades coinciden en desempeñar un papel de importancia en fomentar a conservación e respecto polo patrimonio miñorán, así como o coñecemento e o estudo do medio mariño en xeral, a través de actividades de investigación, divulgación e calquera outra que favoreza o mantemento e conservación das nosas costas e mares, como un ben económico e cultural.
Ao remate do acto tomaremos uns copos e uns petiscos para celebrar este acordo de suma importancia para as actividades de recuperación e defensa do patrimonio marítimo e fluvial do Val Miñor ao que estades convidados todos/as os/as socios/as e amigos/as do IEM e do CMMR