Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Ciencias físico - naturais
Skip to content
I ciclo de conferencias de arqueoloxía "Pedro Díaz". PDF Imprimir Correo-e

Arqueoloxía - Novas
Escrito por IEM   
Domingo, 11 Abril 2010 17:42
Mara_Martn
vicente_camares
Download this file (cartel ARQUEOLOXÍA.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 5
  • Seguinte

A sección de Xeografía, Historia, Arqueoloxía e Etnografía do Instituto de Estudos Miñoranos teñen organiza un Primeiro ciclo de conferencias sobre Arqueoloxía que leva o nome de Pedro Díaz.

Dende o IEM queremos facer un sinxelo recoñecemento a este estudoso da arqueoloxía, nos difíciles tempos da posguerra, dos vales das ribeiras da ría de Vigo. Non podemos falar de Pedro Díaz sen evocar a outro dos “grandes” da nosa arqueoloxía, Xosé María Álvarez Blázquez, ao que lle uniu un fonda e fecunda amizade que deparou páxinas gloriosas da nosa arqueoloxía.

Como mestre espertou o interese polo coñecemento das nosas máis remotas orixes nos cativos que tiñan a fortuna de gozar do seu maxisterio na escola unitaria de Priegue (Nigrán). Deste xeito, unha “ intrépida cuadrilla de arqueólogos” emprenderon, con determinación máis propia de adultos, unha serie de escavacións na croa do castro do barrio da Mámoa de Priegue recuperando abundantes restos de época castrexa. Pero isto non foi todo senón que foi o “autor material” de múltiples achados de materiais que épocas pretéritas, moitos deles dentro dos límites do Val do Miñor, e que se recolleron en diversas publicacións entre as que debemos sinalar o xa clásico libro /Noticias de prehistoria en torno a Vigo y su Ría /publicado en colaboración con Mª del Carmen Rodríguez Seoane.

 

O ciclo de conferencias terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo) e darán comezo ás 20:30 segundo o seguinte

calendario:

 

mércores, 14 abril:  “O castro de Navás (Priegue, Nigrán): arqueoloxía e arqueobotánica”

María Martín Seijo (coa colaboración de Víctor Barbi Alonso)

 Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste (GEPN). Departamento de Historia I, Universidade de Santiago de Compostela

 

mércores, 21 abril: “Presentación dun descoñecido: A Arte Megalítica”.

 Fernando Carrera Ramírez

 Profesor de Conservación y Restauración de Bens Arqueolóxicos. Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

 

mércores, 28 abril “O comercio na Baiona Moderna a través dos materiais do Parque da Palma”

 Vicente Caramés Moreira

 Arqueólogo. Museo do Mar de Galicia

 

 

 

 

venres, 30 abril: “As orixes do primeiro poboamento humano de Galicia”

 Eduardo Méndez Quintas

Director da Sección de Xeografía, Historia, Arqueoloxía e Etnografía. Instituto de Estudos Miñoranos

Attachments:
Descargar cartaz[Cartaz I ciclo de conferencias de arqueoloxía Pedro Díaz]318 Kb