Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XV XEIRA ALÉN MIÑOR CERDEDO - MONTE SEIXO (5 de maio de 2018)

Percorreremos, guiados pola sensata palabra colmada de sentimento de Calros Solla, o Monte Do Seixo, mítico cimeiro da Terra de Montes, biqueira da Serra do Cando. Cos seus picoutos, encostas e bosques, con vistas maravillosas (cando o vento norte limpa de nubes o horizonte) á Ría de Pontevedra,os concellos veciños de A Lama, Beariz e Forcarei.

Unha serra parcialmente esnaquizada por un parque eólico no ano 2000, pero que todavía conserva unha forte pegada etnográfica, con moitísimas lendas e referencias prehistóricas, castrexas e de sabedoría tradicional. Esta montaña máxica que para os devanceiros era un medio de comunicación coas deidades celestes atesoura un abraiante patrimonio material, natural e inmaterial: túmulos, vereas, marcos, pedrafitas, milladoiros, foxos, neveiros, afloramentos graníticos de caprichosa feitura. A natureza exprésase nas mandas de garranos e de vacas que campan pola serra tendo conta das súas vidas cando o lobo llo permite. O vento mareiro deloura cornos e crinas nos piricotos orientados cara ó mar.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
PASEO LITERARIO POLA RÍA DE VIGO: 20.000 leguas nas ondas do mar de Vigo (Prazas esgotadas) PDF Imprimir Correo-e

Escrito por IEM -Sec   
Venres, 02 Setembro 2016 23:46
san simon setembro

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza (en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns) un paseo literario pola ría de Vigo e a illa de San Simón. A lírica medieval, os trobadores da ría de Vigo e a presenza de Verne na nosa cidade e ría serán os temas desta “singradura”.

Xosé Ramón Pena e Eduardo Rolland guiarán esta ruta literaria.

 


 

-Data: sábado, 17 de setembro de 2016

-9:45 h: reunirémonos no peirao na zona de embarque

-10.00 h: saída do barco

Travesía e visita á illa guiada.

-14.00 h: chegada ao porto

 

Prezo: 6 euros (travesía e visita)

 

Reservas de praza:

a) Dende o 5 ata o 7 de setembro, de 10:00 a 13:00, no teléfono 986 36 05 75 (Instituto de Estudos Miñoráns). En cada chamada só se poderán reservar, como máximo, 4 prazas. Paseo para maiores de 12 anos

b) De lle confirmar a praza, deberán facer o aboamento na conta corrente

2080.5035.07.3040014164 de ABANCA

c) No “concepto” do depósito debe constar a indicación “Ría de Vigo” acompañada dos números de viaxeiros que se lle outorgarán na reserva telefónica. Logo deben enviar o comprobante do ingreso ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

d) IMPORTANTE: de non enviar o comprobante antes do día 15 de setembro, será eliminada esa reserva.