Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Ana Pontón no 1º faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros". Problemáticas do territorio: Lei de Montes e Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais”. Venres día 16 de febreiro ás 20:30h.

O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir o venres día 16 de febreiro ás 20:30h ao primeiro faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros no que intervirá a voceira do grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón.

O acto será presentado por Xulián Maure Rivas (Director do IEM) e moderará a xornada David Reinero (Xornalista).

O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de problemáticas do territorio: Lei de Montes e Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais"

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

Está en:  Inicio
Skip to content
Antón Baamonde no faladoiro "Galicia sen rumbo"- venres 24 de febreiro. PDF Imprimir Correo-e

Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 18 Febreiro 2017 19:58
captura de pantalla 2017-02-18 a las 19.16.53

O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir este venres día 24 de febreiro ás 20:30h ao faladoiro "Galicia sen rumbo", que se desenvolverá na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar , por Antón Baamondee e será presentado por Camiño Noia.

Antón Baamonde, Vilalba, 1959, é profesor de filosofía de secundaria e escritor. A súa vocación quedou establecida cando, á tenra idade dos catorce anos, un mentor prestoulle un exemplar de "Apocalípticos e integrados na cultura de masas" de Umberto Eco. Decidiu entón tomar o camiño do ensaio máis ou menos filosófico e da crítica máis ou menos cultural, onde segue. Foi mallando gran dende a semiótica ao pensiero debole, pasando, claro, por Frankfurt e pensa que algo lle quedou entre as mans. Entre os seus libros, poden destacarse "En favor da Esperanza", "Sobre o tempo e outros desatinos" "Aire para respirar" "A rosa sen por qué" e, o último, "A derrota de Galicia". En castelán poden atoparse "La reinvención de España" ( Ed. Ronsel ) "El Laberinto y sus salidas ( Ed. Tecnos ) e "La rosa sin porqué" ( Ed. Pre-Textos ).

Polo demais, formou parte da redacción da revista xeracional "Luzes de Galiza" e creou o Foro do mesmo nome que buscaba crear un espazo de opinión galeguista e progresista á marxe do conservadorismo dominante. Ademais de ter publicado numerosos ensaios e artigos en revistas ( Grial, Galicia Internacional, Luzes, etc ) foi colaborador usual de "La Voz de Galicia", de "La Opinión de A Coruña" e da edición galega de "El País". Tamén da Radio Galega e da SER. Forma parte da sección de pensamento do Consello da Cultura Galega.