Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Encontros con contos- Contos saharauís en galego. Xoves, 24 de agosto ás 18:00h.

O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” e “ A bolboreta e a formiga” “ O ourizo e o lobo”” A velliña e o home enfermo” “ O pantalón de Alí” ) .
Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.

Está en:  Inicio
Skip to content
David Posada González, un dos científicos máis influentes do mundo, no faladoiro "Cancro e evolución" o venres, 28 de abril, ás 20:30h PDF Imprimir Correo-e

Escrito por IEM -Sec   
Venres, 21 Abril 2017 18:10
colegio-oficial

O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir o vindeiro venres día 28 de abril ás 20:30h ao faladoiro "Cancro e evolución", que se desenvolverá na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar, por David Posada González e será presentado por Xulián Maure Rivas, director do IEM.

O cancro é unha enfermidade xenética no que unha célula adquire novas características que lle permiten desenvolverse rapidamente e sen control. Os tumores evolucionan de maneira similar ás poboacións naturais, competindo polos recursos e adaptándose ao medio. Nesta charla explicarase de que maneira o estudo evolutivo do cancro pode axudar a un mellor entendemento desta terrible doenza.

David Posada (Vigo, 1971), director do Laboratorio de Filoxenética da Universidade de Vigo, converteuse nunha das grandes referencias da ciencia galega. E tamén o que, en certo xeito, abriu o camiño cara á excelencia con sinal europeo. No 2008 converteuse no primeiro científico de Galicia en obter unha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) e hai catro anos obtivo unha renovación do programa a través dunha Consolidator Grant, algo que, ata o momento, non logrou ninguén na comunidade.

Pero a súa calidade non está só avalada polo éxito á hora de acceder a convocatorias internacionais moi competitivas, senón tamén polo impacto da súa investigación, medido nas citas que outros autores realizan dos seus traballos. Con máis de 26.000 citas, algo absolutamente inusual para un científico da súa idade, conseguiu que tres dos seus artigos científicos efectuados en Galicia convertéranse nos máis citados de todos os levados a cabo ata o momento por calquera investigado que traballe na comunidade.

Pero é máis, este catedrático de Xenética da Universidade de Vigo alcanzou un logro do que moi poucos poden presumir e que, en termos de impacto, convérteo nun dos científicos máis influentes do mundo: unha publicación súa, Modeltest: Testing the model vos DNA, artigo que asinou en 1988 en Estados Unidos xunto ao profesor Keith A. Crandall, foi engadido hai dous anos pola revista Nature como un dos cen artigos científicos máis citados de todos os tempos. Ocupa, en concreto, o posto número 76, con preto de 15.000 citas.