Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Convocatoria Asemblea Xeral Socios/as. Luns 25 de marzo.

Por medio da presente, convócase aos socios/as á Asemblea Xeral de Socios/as da asociación Instituto de Estudos Miñoráns con CIF: G-36867471 que se celebrará no lugar, data e hora abaixo indicados, segundo a orde do día que se especifica.

TIPO DE REUNIÓN: ASEMBLEA XERAL

DATA DA REUNIÓN: Luns 25 de marzo de 2019

HORA DA SESIÓN, 1ª convocatoria: 19:30 HORAS

HORA DA SESIÓN, 2ª convocatoria: 20:00 HORAS

LUGAR: Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar.

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior, correspondente á Asemblea Xeral do 7 de febreiro de 2018.

2. Informe director.

3. Aprobación se procede das Contas anuais 2018 da asociación.

4. Informe actualizado do número de socios/as e altas no ano 2018.

5. Informe actualizado sobre as diferentes convocatorias de axudas solicitadas aos distintos organismos institucionais.

6. Presentación da Memoria de actividades 2018 da asociación.

7. Proxectos para o ano 2019.

8. Rogos e preguntas.

Informámoslles que están a súa disposición, no local do IEM, as actas nomeadas na orde do día para a súa aprobación e as contas do IEM.

Está en:  Inicio
Skip to content
XEIRA IEM- Nigrán. Camos " Da Touza aos muíños de Táboas. Toponimia e patrimonio" Xoves 27 de xullo. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 22 Xullo 2017 18:01
captura de pantalla 2017-07-23 a las 0.01.23

O vindeiro xoves 27 de xullo, gozaremos dunha nova xeira polo concello de Nigrán, dentro do programa Xeiras do verán 2017 do IEM, e coa colaboración deste concello, "Da Touza aos muíños de Táboas. Toponimia e patrimonio" que percorrerá unha ruta circular por Camos co noso especialista e guía Anxo Rodríguez Lemos.

A xeira ten como punto de encontro o Concello de Nigrán ás 18:00h, e o lugar da saída será no centro cultural A Camoesa de Camos, pouquiño despois do Pazo da Touza. Aparacados os coches, seguiremos cara a Torre da Lama para ir coñecendo o patrimonio máis sobranceiro da parroquia de Santa Baia de Camos.

Boa parte do territorio que, na actualidade, conforma o concello de Nigrán, estivo durante o Antigo Réxime baixo xurisdicción real. Eran terras de reguengo como o era Baiona, cabeza da Xurisdicción Real e vila á que pertencían os veciños da parroquia de Santa Baia de Camos no contencioso. No político e gobernativo, rendían contas ante o procurador xeral do partido do Val de Miñor. Santa Baia de Camos era pois, unha das quince parroquias dunha antiga xurisdicción real que desaparecería coa división municipal promulgada polas cortes de Cádiz coa que se constitúen os concellos de Panxón e A Ramallosa (suprimidos en 1823) orixe da nova ordenación municipal resultado da división proposta por Javier de Burgos en 1833.

Entre os puntos de interese que visitaremos están os seguintes:

  • A Torre da Lama ou Torre de Méndez
  • A Casa do Canónio
  • Conxunto etnográfico: A Fonte de Malde e O Cuberto do Carro da Casa de Malde.
  • A Terra dos Cruceiros: O Calvario.
  • O Cruceiro do Adro: O Cruceiro Maior
  • Camposanto e igrexa parroquial de Santa Baia de Camos.
  • O panteón do Rei dos Cafeteiros: Don Francisco San Román.
  • O Muíño de Riba: muíños no río de Táboas
  • O Pazo da Touza ou Casa das Señoritas de Pla.

Enlace aos puntos de encontro:

https://drive.google.com/open?id=1Vve2y6TxTA6nkui4cs7rW5-BVaI&usp=sharing