Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Encontros con contos- Contos saharauís en galego. Xoves, 24 de agosto ás 18:00h.

O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” e “ A bolboreta e a formiga” “ O ourizo e o lobo”” A velliña e o home enfermo” “ O pantalón de Alí” ) .
Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.

Está en:  Inicio
Skip to content
11º XEIRA ALÉN MIÑOR: A Fonsagrada 12,13,14 E 15 DE OUTUBRO DE 2017. PDF Imprimir Correo-e

Escrito por IEM -Sec   
Luns, 31 Xullo 2017 18:55
fonsagrada_1

11º XEIRA ALÉN MIÑOR: A Fonsagrada
12,13,14 E 15 DE OUTUBRO DE 2017


A Fonsagrada- A Raia Asturiana (etnografía, historia, identidade, paisaxe, abandono do rural)
Principiado o outono encamiñarémonos cara á Comarca da Fonsagrada e as veciñas terras asturianas de Oscos e Salime, para gozar e alimentar o noso espírito e sensibilidade co seu rico patrimonio natural, etnográfico, lingüístico e cultural recoñecido dende o ano 2007 como reserva da Biosfera por parte da Unesco.
A titularidade de que é o concello de máis extensión de Galicia, xunto con que case un 80 % do seu territorio está ocupado por superficie forestal significa que o sentimento de ruralidade, de apego ós costumes está moi enraizado na veciñanza. Noutrora foi un concello densamente poboado; nos anos 20 do século pasado estaban censadas 17.000 persoas, na actualidade non chega os 4.000 habitantes.
A súa paisaxe esgrevia facilitou o desenvolvemento dunha natureza impoñente, que o mesmo tempo complicou as comunicacións co resto de Galicia, favorecendo o seu illamento. Esta circunstancia carrexou un atraso económico e social respecto a outros zonas do país (como exemplo, a luz eléctrica chegou a Fonsagada no ano 1983) ó mesmo tempo que favoreceu o desenrolo dun rico patrimonio lingüístico e cultural, compartido coas comarcas irmáns dos Oscos-Eo, como o demostra o galego falado que non entende de fronteiras territoriais.
“A Fonsagrada, monte sen leña, fontes sen auga, muller sen vergoña, home sen palabra” (dito popular)
ITINERARIO

Horario aproximado

  • 1º día, xoves 12 Outubro-Saída 8.00 GondomarChegada a A Fonsagrada 12.0012,15 Visita Museo ETNOGRÁFICO14,15 Xantar na Fonsagrada16.15 Visita ó pobo Lamas de Moreira (arquitectura singular, etnografíae paisaxe)18.30 Paseo por A Fonsagrada con explicación do topónimo e a historia21.00 Cea na Fonsagrada.
  • 2º día, venres 13 Outubro-9.00 Almorzo Casa Manolo e Albergue Cantábrico10.30 Seimeira de Vilagocende12. 00 Paseo ata a Pena do Inferno, praia fluvial da Fonsagrada14.00 Xantar na Pena do Inferno16.15 Visita a Fornaza e miradoiro de Arexo (historia do ferro, a fábrica, o encoro de Gran Suarna, a estrada da República etc)18.00 Negueira de Muñiz con parada nunha adega e no miradoiro de Nogueira (comuna hippy)19.30 Troba do Burón , antiga cabeza do concello20.30 Charla sobre o galego da bisbarra Eo-Naviega (Antón Santamarina, RAG)21.00 Cea na Fonsagrada
  • 3º día, sábado 14 Outubro-9.00 Almorzo Casa Manolo e Albergue Cantábrico10.45 Museo etnográfico de Grandas de Salime12.30 Museo arqueolóxico e Castro de Grandas de Salime14.30 Xantar en Mazonovo, Santa Eulalia de Oscos16.45 Visita a ferrería de Mazonovo18.00 Visita e paseo por Santa Eulalia de Oscos20.00 Porto do Acebo (Batallón Galicia e o Comandante Moreno)21.00 Cea libre na Fonsagrada
  • 4º día, domingo 15 de Outubro-9.00 Almorzo Casa Manolo e Albergue Cantábrico10.15 Camiño dos pintores-Allonca12.30 Dolmen de Montouto-Real Hospital de Santiago de Montouto14.30 Xantar no Cádavo (Baleira).
CARACTERÍSTICAS DA VIAXE
DATA: 12-15 de Outubro 2017

GUÍAS: Laura Fernández, Pegerto Saavedra e Juanjo Molina.

Colaboracións: Antón Santamarina, M. Xosefa Ortiz.

HORARIO APROXIMADO
SAÍDA DO AUTOCAR, 12 Outubro, xoves: 8:00 de Gondomar dende a explanada do Pavillón de deportes.
CHEGADA: 15 de Outubro, domingo aproximadamente ás 21.00, ó mesmo lugar de partida.Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
  • PREZO SOCIOS/AS: 228 EUROS
  • PREZO NON SOCIOS/AS: 240 EUROS
  • Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164
O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas, o seguro, aloxamento, almorzo, catro xantares, dúas ceas, as visitas ós museos e guías.