Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XV XEIRA ALÉN MIÑOR CERDEDO - MONTE SEIXO (5 de maio de 2018)

Percorreremos, guiados pola sensata palabra colmada de sentimento de Calros Solla, o Monte Do Seixo, mítico cimeiro da Terra de Montes, biqueira da Serra do Cando. Cos seus picoutos, encostas e bosques, con vistas maravillosas (cando o vento norte limpa de nubes o horizonte) á Ría de Pontevedra,os concellos veciños de A Lama, Beariz e Forcarei.

Unha serra parcialmente esnaquizada por un parque eólico no ano 2000, pero que todavía conserva unha forte pegada etnográfica, con moitísimas lendas e referencias prehistóricas, castrexas e de sabedoría tradicional. Esta montaña máxica que para os devanceiros era un medio de comunicación coas deidades celestes atesoura un abraiante patrimonio material, natural e inmaterial: túmulos, vereas, marcos, pedrafitas, milladoiros, foxos, neveiros, afloramentos graníticos de caprichosa feitura. A natureza exprésase nas mandas de garranos e de vacas que campan pola serra tendo conta das súas vidas cando o lobo llo permite. O vento mareiro deloura cornos e crinas nos piricotos orientados cara ó mar.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
Presentación do libro "Limaduras de prata" de Luisa Abad. Venres 27 de outubro ás 20:00h. PDF Imprimir Correo-e

Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 22 Outubro 2017 20:26
presentacin iem

O vindeiro venres 27 de outubro, ás 20:00h e na Aula de Cultura Ponte de Rosas en Gondomar, o IEM acolle a presentación do libro poemario “Limaduras de prata” escrito por Luisa Abad. Acompañarán a autora Mercedes Leobalde, escritora, M.J.Pérez, cantante e Bruno Centelles, membro do IEM, como presentador do acto.

Luisa Abad naceu no ano 1951 e traballou durante 40 anos no eido da educación.

Limaduras de prata é un poemario que esta coruñesa escribiu durante o tratamento dun linfoma. Agora, a autora está a percorrer diversos puntos de Galicia para presentar unha obra repleta de experiencias, sensacións e emocións, tratando de impulsar a súa venda xa que toda a recadación será destinada á Asociación Española contra o Cancro e aos proxectos de investigación que promove.