XV XEIRA ALÉN MIÑOR CERDEDO - MONTE SEIXO (5 de maio de 2018) |
Percorreremos, guiados pola sensata palabra colmada de sentimento de Calros Solla, o Monte Do Seixo, mítico cimeiro da Terra de Montes, biqueira da Serra do Cando. Cos seus picoutos, encostas e bosques, con vistas maravillosas (cando o vento norte limpa de nubes o horizonte) á Ría de Pontevedra,os concellos veciños de A Lama, Beariz e Forcarei. Unha serra parcialmente esnaquizada por un parque eólico no ano 2000, pero que todavía conserva unha forte pegada etnográfica, con moitísimas lendas e referencias prehistóricas, castrexas e de sabedoría tradicional. Esta montaña máxica que para os devanceiros era un medio de comunicación coas deidades celestes atesoura un abraiante patrimonio material, natural e inmaterial: túmulos, vereas, marcos, pedrafitas, milladoiros, foxos, neveiros, afloramentos graníticos de caprichosa feitura. A natureza exprésase nas mandas de garranos e de vacas que campan pola serra tendo conta das súas vidas cando o lobo llo permite. O vento mareiro deloura cornos e crinas nos piricotos orientados cara ó mar.
|
Faladoiros do IEM: Presenza das mulleres- "Da motricidade humana ao paradigma vida" Uxía Trigo Aza. Venres 17 de novembro ás 20:00h. |
![]() |
![]() |
![]() |
Escrito por IEM -Sec | |||
Domingo, 12 Novembro 2017 22:31 | |||
O vindeiro venres 17 de novembro ás 20:00h, o Instituto de Estudos Miñoráns dará comezo a un ciclo de faladoiros que terá como fío condutor a presenza da muller na sociedade. O acto terá lugar na sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10 baixo. Eugenia Trigo Aza, escritora, doutora en Filosofía e Ciencias da Educación pola UNED (1989) e doutora en Educación Física pola UDC (1999). Galega de nacemento, viaxeira e cidadá do mundo participará con nós tratando o tema 'Da motricidade humana ao paradigma vida". Presenta Adela Mirás Calvo do IES Val Miñor de Nigrán. “Con este faladoiro pretendo amosar o camiño da vida que me levou a esculcar en diversas áreas do coñecemento e vivir en distintos contextos socio-culturais, para instaurarme actualmente nunha investigación que nos permita progresar no ser corpóreo como cidadáns do mundo e do universo. Un transcorrer que principiou nas aulas de educación física nos anos 70, proseguiu coa formación de mestres en diversas áreas e universidades europeas e latinoamericanas e derivou, na actualidade, en procesos de investigacións que me permiten ver e estar no mundo dende outras ópticas paradigmáticas.“
|