Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Conferencia da artista e educadora interdisciplinaria Cristina Pato "Transcendendo disciplinas: artista sostible do século XXI". Venres 22 de xuño Ás 20:30h no Auditorio de Nigrán


O vindeiro venres 22 de xuño, ás 20:30 horas, o Instituto de Estudos Miñoráns organiza a conferencia de Cristina Pato "Transcendendo disciplinas: artista sostible do século XXI". Será presentada por Camiño Noia Campos. Nas breves interpretacións musicais será acompañada polo acordeonista miñorán, Premio Grammy, Roberto Comesaña. Terá lugar no Auditorio de Nigrán.

 

Cristina Pato (Ourense, 1980)

Artista e Educadora Interdisciplinaria.
Membro e Asesora de Educación do Silk Road Ensemble de Yo-Yo Ma

Blodgett Distinguished Artist in Residence na Universidade de Harvard (Departamento de Música).

 

Cristina Pato é unha gaiteira, pianista, produtora e educadora apaixonada. Aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” polo The New York Times, e como “un dos mestres vivos da gaita” polo The Wall Street Journal, a súa vida profesional está adicada ao intercambio cultural e a forxar novos camiños para a Gaita Galega. Cristina ten actuado en grandes escenarios de todo o mundo e ten lanzado e producido seis discos como gaiteira solista e dous como pianista, e colaborado en máis de 40 gravacións como artista invitada.

 

A educación xoga un papel esencial na vida persoal e profesional de Cristina. Traballa como Asesora de Educación do Silkroad, e é artista residente na Universidade de Harvard e na Universidade de California Santa Barbara, onde desenrola proxectos educativos interdisciplinares sobre o papel das artes na sociedade.

 

Cristina posúe un Doutorado en Musical Arts pola Rutgers University (EUA) os títulos superiores de Piano, Teoría da Música e Música de Cámara polo Conservatorio de Musica do Liceu, e un Master en Artes Dixitais (Música Dixital) da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. Foi a fundadora do festival Galician Connection, e escribe unha columna semanal para La Voz de Galicia.

 

En 2017 Cristina Pato foi nomeada Blodgett Distinguished Artist in Residence na Universidade de Harvard (Departamento de Música).

 

Está en:  Inicio
Skip to content
XIII XEIRA ALÉN MIÑOR, OURENSE SUEVO E CISTERCIENSE.24 DE FEBREIRO 2018 PDF Imprimir Correo-e

Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 24 Xaneiro 2018 17:27
imagen 1

XIII XEIRA ALÉN MIÑOR, OURENSE SUEVO E CISTERCIENSE. 24 DE FEBREIRO 2018

In tempore sueborum

A pesares de estar pouco máis de un século e medio na Gallaecia, os Suevos deixaron unha pegada cultural e política no territorio. O seu estado foi un dos máis antigos de Europa. O declive e a deriva dun esgotado imperio romano foi propicio para que este e outros grupos étnicos, fortemente influenciados polos latinos, os cales admiraban, colleran o relevo e a supremacía no mapa político de Europa.

Estes pobos bárbaros non eran grupos sociais illados, vivían nun contexto de simbiose e mestura con outros (visigodos, alanos, vándalos e incluso romanos). Co tempo, os visigodos acabaron por absorber os demais, coa forza da súa influenza cultural e comercial, os seus costumes e o desgaste polas loitas de poder dentro dos propios clans e familias suevas.

No seu rexistro e catalogación arqueolóxica en Galicia (sobre todo Ourense e Lugo), e debido a influenza e vínculo co cristianismo e a romanización previa, atopamos elementos culturais e ritos funerarios, enxovais de distintos niveis sociais e sartegos de pedra, algúns deles con retoques sinxelos e modestos. Incluso moedas coa acuñación de diferentes reis suevos.

As estruturas de poboamento e os patróns de asentamento case non mudaron respecto o que xa existía (castros, núcleos urbanos e vilas), en moitos casos debido a que o romanos deixaron unhas infraestruturas moi axeitadas e cun grado alto grado de modernidade e previsión.

Santa María de Xunqueira de Espadañedo.

A súa existencia está demostrada documentalmente desde o ano 1174. O rei Fernando II estableceu definitivamente a área da súa xurisdición, e hoxe en día son eses mesmos límites os que marcan o municipio de Xunqueira.

En canto á distribución de espazos, este monumento divídese en dous partes. En primeiro lugar, a igrexa, levantada durante a Idade Media. En segundo lugar, o mosteiro, o claustro e o mobiliario litúrxico, de épocas máis modernas.

 

Hoxe a igrexa funciona como templo parroquial e parte do mosteiro acolle as oficinas do concello. A igrexa, declarada Monumento Nacional en 1980, ten planta basilical e componse de tres naves de 30 m de longo. A súa estética é austera, sinxela, algo característico das construcións do Císter. Aínda así, son dignos de admirar os capiteis historiados ou decorados con motivos vexetais da nave central. O portada norte, románica, tamén está decorada con motivos vexetais. Na porta da sancristía atoparemos volutas jónicas. Conta cun altar románico de pedra. O retablo maior (hai outros nas capelas laterais), foi realizado por Juan de Angés "O Mozo" e mostra as cruces de Calatrava e Alcántara, o escudo da Congregación de Castela, a Ascensión de María e varias escenas da vida de Jesús. A fachada da igrexa é moi posterior, xa que foi terminada en 1801, data presente nunha inscrición. É de estilo neoclásico e alberga unha imaxe de San Bernardo. A torre do campanario divídese en dous niveis, de planta cuadrangular o primeiro e circular o superior. O mosteiro foi románico nas súas orixes, pero a construción actual é posterior e foi levada a cabo entre os séculos XVI e XVII. O claustro é o seu parte máis interesante. A súa disposición e estética son sinxelas, aínda que harmoniosas, o que lle confire un valor artístico innegable. O artesoado do teito da entrada conta cunhas curiosas caricaturas, pintadas directamente sobre a madeira.

 

San Pedro de Rocas

No concello de Esgos localizamos este enclave que, segundo varios autores, é un dos mosteiros máis antigos de Europa. Tendo a súa orixe nos séculos V e VI, en tempos dos suevos. Nos seus comezos era sobre todo un centro de unificación para eremitas e anacoretas, polo que

supón un dos primeiros exemplos de vida cenobítica na Península Ibérica.

 

Pasou a depender de Santo Estevo de Ribas de Sil ou San Salvador de Celanova. Atoparemos unha igrexa do século VI, con 3 naves paralelas escavadas na roca, co altar na nave principal. Tras entrar na edificación, que data do século XVII, atoparemos unha sala anterior á portada principal, onde atoparemos tumbas antropomorfas no chan.

Santa María de Montederramo

A historia deste mosteiro comeza no ano 1124 cando se construíu un cenobio por orde de Teresa de Portugal. Atópase nas abas da serra de San Mamede, afastado das grandes urbes, como moitos cenobios daquelas épocas.

Pertenceu á Orde do Císter, que como era preceptivo daqueles monxes, permitiu poboar unhas terras ata entón inhóspitas, e difíciles de traballar. A orixinal igrexa tardorrománica do século XII foi completamente substituída por outra en 1598 proxectada por Juan de Tolosa, salvo unha ventá románico aparecido na última restauración no muro sur da Igrexa. O novo templo renacentista do século XVI presenta alicerces estriados rematados con capiteis jónicos e pilastras jónicas e aínda bóvedas de crucería góticas.

CARACTERÍSTICAS DA VIAXE

DATA: 24 de febreiro 2018.

GUÍADA por Jesús Rodríguez Diéguez (Membro da xunta de goberno do IEM, historiador)

HORARIO APROXIMADO

  • SAÍDA DO AUTOCAR
  1. Sábado: 8:30 de Gondomar dende a explanada do Pavillón de deportes.
  • 10:30 H MOSTEIRO DE SAN PEDRO DE ROCAS, ESGOS.
  • 12:00 H MOSTEIRO DE XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO.
  • 13.15 H MOSTEIRO DE MONTEDERRAMO.
  • 14.30 H: XANTAR EN MONTEDERRAMO.
  • 17.15 EXPOSICIÓN IN TEMPORE SUEBORUM EN OURENSE:
  1. Igrexa de Santa María Nai.
  2. Centro Cultural Marcos Valcárcel.
  3. Museo municipal.
  • CHEGADA
  1. 22:00 H aprox. ao lugar de saída.

Para anotarse á xeira haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

· PREZO SOCIOS/AS: 45 euros.

· PREZO NON SOCIOS/AS: 50 euros.

· Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164

O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas, o seguro, xantar do sábado, as visitas e o guía.