Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
Alberte Blanco Casal e Alfredo Suárez Canal no faladoiro e presentación do libro " O monte galego" venres 9 de febreiro ás 20:30h PDF Imprimir Correo-e

Escrito por IEM -Sec   
Luns, 05 Febreiro 2018 03:21
d16ed7c436ade08bea221c138f3d3776
alberte-blanco-casal
1156234619_740215_0000000000_noticia_normal
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte
O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir este venres 9 de febreiro ás 20:30h, ao segundo faladoiro de anticipación do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros", no que intervirán Alberte Blanco Casal e Alfredo Suárez Canal na presentación do libro:
O MONTE GALEGO. CAOS OU APROVEITAMENTO MULTIFUNCIONAL?
O acto será presentado por Camiño Noia Campos, catedrática de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Vigo.
A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

Alberte Blanco Casal

Profesor de Tecnoloxía de Ensinanza Secundaria no instituto de Verín. Foi Director Xeral de Montes da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia (2005-2009). Foi fundador da Asociación Cultural Monterrei, da súa revista A Tempo e do colectivo de animación cultural Foro Monterrei. É colaborador dos diarios dixitais Sermos Galiza, Praza Pública e Terra e Tempo, e da revista do Fórum Galaico Transmontano editada en Chaves.

Alfredo Suárez Canal

Foi concelleiro en Allariz e deputado provincial de Ourense. Deputado no Parlamento de Galicia (1993-2005)
Logo dunha longa carreira política, foi nomeado conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, entre 2005 e o 2009.