Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Volta dos Nove. Sábado 13 de outubro

Volta dos Nove

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) e a Comisión da Volta dos Nove convídavos ós actos de lembranza do asasinato dos Ineses, a señora Dolores Samuelle e Os Nove de Baiona e Panxón o vindeiro sábado 13 de outubro.Hai xa 82 anos.

Ás 11h30'-no cemiterio civil de Sabarís unha lembranza oral e floral para Xosé e Luís López Luís e Dolores Samuellle, tamén coa compaña musical dos da Foz.

Ás 11h45'-na Volta dos Nove palabras, música e flores para os nove homes asasinados a noite do 15 para o 16 de outubro de 1936.

 

Foi no 24 de xullo, a media mañá, festas en Santa Cristina.

Entraron as tropas que viñan de acalmar Vigo.

O comandante militar de Baiona: Ramón Blanco Linares. Requisa na sociedade obreira de Sabarís, na Porta do Sol, socialista e anarquista. Fichas de afiliación, revistas pornográficas, correspondencia, ...

Ducias de homes fuxidos. Foron aparecendo todos, pero entre outros, faltaban Pepe e Luís, Os Ineses. Descubertos o 13 de outubro de 1936 agochados na casa de Ventura Pérez, cego, axudado por Dolores Samuellle que compraba moitos víveres para o vello, ou o xornal. Delación e entrada de falanxistas, e garda civil a mañá do 13. Defensa propia e ferido (Luís Refojo Mariño, camisa nova). Luís morto a tiros nunha viña camiño da Ladeira, Pepe no muro do cemiterio. Exposición pública e asasinato de Dolores Samuellle, por encubridora.

En Vigo o 15 morre o ferido e esa noite van buscar veciños do Val de Miñor os cárceres de Vigo, traen nove que matan antes da amañecida e á tarde enterran o camarada caído.

Herminio Ramos lembrounos:

1936 Octubre 16. En el día de hoy aparecen muertos a la orilla de la carretera más allá de la fuente de San Roque nueve hombres que resultaron ser vecinos desta villa, calificados de rojos presos en Vigo.

Está en:  Inicio
Skip to content
PASEO LITERARIO E TOPONÍMICO POLA RÍA DE VIGO E A ILLAS CÍES PDF Imprimir Correo-e

Escrito por IEM -Sec   
Venres, 14 Setembro 2018 17:18
captura de pantalla 2018-09-16 a las 22.51.21
islas-cies
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza o paseo literario "Fantasía e realidade de Verne en Vigo, II:"A ría de Vigo e illas Cíes", guiado por Eduardo Rolland (experto no autor Jules Verne e Ledicia Costas (autora da novela "Jules Verne e a vida secreta das mulleres plantas").

Durante a travesía leranse pasaxes do capítulo 'A badía de Vigo' de '20.000 leguas baixo dos mares', xunto á narración da batalla de Rande seguindo o guión do propio capitán Nemo a bordo do Nautilius e da vida secreta das mulleres planta".

-Visita ao miradoiro, na ruta do Alto do Príncipe. Conversa arredor de Jules Verne e o empresario vigués Antonio Sanjurjo Badía. Narración da fantasía desta relación e da realidade dos feitos históricos.

-Visita ao faro. Narración da entrada do Nautilus na ría de Vigo o 18 de febreiro de 1868 así como das dúas visitas a Vigo de Jules Verne a bordo do 'Saint Michel III . Explicación de curiosidades da Illa Sur na ficción literaria das mulleres planta.

Data: sábado, 29 de setembro de 2018

9.00h: reunímonos no embarcadoiro

9:30h: saída do barco cara ás Cíes

11.00 a 14.00h percorrido polas illas de Monteagudo e do Faro guiado.

 

Tempo libre a seguir ate as

17.00h:.reunímonos no embarcadoiro.

17:30h: saída rumbo a Vigo.

Prezo: 10 euros (travesía e paseo. Non inclúe a comida. Pódese xantar nos restaurantes das illas).

Reservas de praza:

a) Dende o 17 de setembro, de luns a venres, de 10:00 a 13:00 no teléfono 986 36 05 75 (Instituto de Estudos Miñoráns).

b) Teñen que indicar o nome e apelidos, o documento de identidade e a idade e máis un teléfono de contacto.

c) De lle confirmar a praza, deberán facer o aboamento na conta corrente:

2080.5035.07.3040014164 de ABANCA

d) No "concepto" do depósito debe constar a indicación "Cíes" acompañada dos números de viaxeiros que se lle outorgasen na reserva telefónica. Logo hai que enviar o comprobante do ingreso ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

e) IMPORTANTE: de non enviar o comprobante antes do día 24 de setembro, será eliminada esa reserva.