Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio
Skip to content
Gondomar nomea fillo adoptivo a Victoriano Taibo o venres 8 de febreiro no auditorio Lois Tobío ás 20:00h PDF Imprimir Correo-e

Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 02 Febreiro 2019 19:59
cartel-taibo-web

O goberno local fará o recoñecemento a petición do IEM como paso previo á solicitude dun Día das Letras na súa honra.

O escritor e mestre Victoriano Taibo, membro fundador das Irmandades da Fala e integrante da Real Academia Galega, será fillo adoptivo de Gondomar a título póstumo a partir do venres 8 de febreiro do 2019 nun acto que terá lugar no auditorio Lois Tobío de Gondomar ás 20:00h .

O goberno municipal vai nomealo a petición do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), tras anos de traballo na difusión da súa figura e da súa vinculación co municipio, dado que impartiu clases na parroquia de Morgadáns entre 1930 e 1950, a súa etapa máis prolífica.

O autor que lle dá nome ao prestixioso premio de poesía organizado polo IEM, que cumpriu o ano pasado a súa undécima edición con centos de obras e de poetas participantes ao longo da súa traxectoria, será recoñecido por parte do Concello cun título que ata o de agora só ostenta Lois Tobío -diplomático, escritor e investigador da figura do conde de Gondomar-, ao que está dedicado tamén o auditorio municipal.

Amenizarán o acto os alumnos e alumnas do Conservatorio Municipal e o cantautor Paco Barreiro.