Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Volta dos Nove. Sábado 13 de outubro

Volta dos Nove

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) e a Comisión da Volta dos Nove convídavos ós actos de lembranza do asasinato dos Ineses, a señora Dolores Samuelle e Os Nove de Baiona e Panxón o vindeiro sábado 13 de outubro.Hai xa 82 anos.

Ás 11h30'-no cemiterio civil de Sabarís unha lembranza oral e floral para Xosé e Luís López Luís e Dolores Samuellle, tamén coa compaña musical dos da Foz.

Ás 11h45'-na Volta dos Nove palabras, música e flores para os nove homes asasinados a noite do 15 para o 16 de outubro de 1936.

 

Foi no 24 de xullo, a media mañá, festas en Santa Cristina.

Entraron as tropas que viñan de acalmar Vigo.

O comandante militar de Baiona: Ramón Blanco Linares. Requisa na sociedade obreira de Sabarís, na Porta do Sol, socialista e anarquista. Fichas de afiliación, revistas pornográficas, correspondencia, ...

Ducias de homes fuxidos. Foron aparecendo todos, pero entre outros, faltaban Pepe e Luís, Os Ineses. Descubertos o 13 de outubro de 1936 agochados na casa de Ventura Pérez, cego, axudado por Dolores Samuellle que compraba moitos víveres para o vello, ou o xornal. Delación e entrada de falanxistas, e garda civil a mañá do 13. Defensa propia e ferido (Luís Refojo Mariño, camisa nova). Luís morto a tiros nunha viña camiño da Ladeira, Pepe no muro do cemiterio. Exposición pública e asasinato de Dolores Samuellle, por encubridora.

En Vigo o 15 morre o ferido e esa noite van buscar veciños do Val de Miñor os cárceres de Vigo, traen nove que matan antes da amañecida e á tarde enterran o camarada caído.

Herminio Ramos lembrounos:

1936 Octubre 16. En el día de hoy aparecen muertos a la orilla de la carretera más allá de la fuente de San Roque nueve hombres que resultaron ser vecinos desta villa, calificados de rojos presos en Vigo.

Está en:  Inicio
Skip to content
As Perseidas na noite das Bágoas de San Lourenzo. PDF Imprimir Correo-e

Ciencias Físico - Naturais - Documentos
Escrito por IEM   
Xoves, 09 Agosto 2012 20:18
observando-o-ceo

O vindeiro venres 10 de agosto terá lugar un dos fenómenos astronómicos que maior atención esperta a nivel popular e mediático: a choiva de meteoritos coñecida como As Perseidas. Para a tradición popular, trátanse das Bágoas de San Lourenzo, en relación ao martirio sufrido polo diácono Laurientius queimado nunha fogueira no ano 268 por orde do emperador romano Valeriano. O noso compañeiro Gustavo Sanromán, membro do IEM e da Agrupación Astronómica Rías Baixas, elaborou un material informativo que compartimos , cara a un maior goce e compresión deste acontecemento astronómico que viviremos xuntos na Xeira "Noite de estrelas e lobos" este venres 10 de agosto na Serra da Groba.

Preme aquí para ver ou descargar o informe.