Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO PDF Imprimir Correo-e

Ciencias Físico - Naturais - Documentos
Escrito por IEM   
Sábado, 13 Xullo 2013 00:40
pego-negro

O cruce do río Zamáns á altura do Pego Negro debuxa unha paisaxe cargada de biodiversidade que na actualidade atópese en grave perigo. A fauna e flora autóctona libran un combate diario pola súa sobrevivencia nun enclave onde a acción humana pon en risco o feble equilibrio da cadea ecolóxica. A profesora Pura González alerta desta desfeita a través do artigo que hoxe presentamos, así como do importante patrimonio histórico agochado na súa espesura, vítima tamén do esquecemento e unha deficiente conservación.

A autora

A profesora Pura González Martínez (IEM) , naceu en Chaín- Gondomar,  e actualmente mora na veciña parroquia de Morgadáns. A preocupación polo medio natural vénlle por tres vías:  vida aldeá dende o nacemento,  traballo como voluntaria no ecoloxismo dende os anos oitenta e profesora de Ciencias Naturais no Ensino Secundario.

Ten publicado diversas colaboracións e un libro no que estuda os cotos ou outeiros rochosos que tanto abundan na súa bisbarra natal. Titúlase “Os Cotos de Chaín” (Cadernos do IEM Nº10, 2006) e está escrito en colaboración con Margarita Miramontes Castro.