Presentación "Xogos do Mundo" ARTLUDIC Imprimir

Proxectos pedagóxicos - Novas
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 28 Marzo 2016 22:06
xogos_do_mundo

O vindeiro 7 de abril ás 20:30h na sede do IEM terá lugar a presentación do material didáctico "Xogos do Mundo" ( Kapla, Makedo, billares, xogos de mesa...) por Cedric Bouchard impulsor do proxecto A casa dos xogos, e actualmente do proxecto ARTLUDIC.


Xogos do mundo-ARTLUDICwww.artludic.com

Forman parte dunha escolma de xogos de todo o mundo construídos a man en madeiras nobres de gran resistencia.
Este tipo de xogos avala diferentes correntes pedagóxicas, que forman parte do patrimonio socio-cultural da humanidade. A tipoloxía dos xogos céntranse en :
• construción e creatividade,
• psicomotricidade e habilidade
• mesa e pensamento

Tipos de xogos

Estes xogos estrutúranse en tres grupos: billares, xogos de estratexia e de construción.
Billares e xogos de estratexia
As regras son moi sinxelas e adaptadas para todo tipo de poboación e franxas de idade. Tanto nenos como maiores beneficiaranse dos seus múltiples obxectivos.
A través destes xogos poderemos utilizar infinidade de estratexias que nos axudarán a incrementar a nosa creatividade, estimulando a cooperación interpersoal ea concentración, dunha maneira doada e natural. A motricidade, esquecida en tantas maneiras de diversión na actualidade, está presente en gran parte
destes xogos, expresada na gran variedade e velocidade de movementos.
Xogos de construción (fabricados en madeira e cartón)
Ideais para canalizar a enerxía dos rapaces, captar a súa atención e traballar a autonomía persoal. Practicando con eles faise visible a súa creatividade,
experimentando por eles mesmos, e obtendo pequenas obras efémeras. Son xogos únicos, auténticos en si mesmo, onde cada experiencia móstrase como nova, onde non hai erros ninninguén perde. O desenrolo de capacidades motrices e preceptivas é inmensa, o poder desenrolar coas pezas nas tres dimensións: en alturas, no chan, combinacións entre elas...

Animádevos a compartir e disfrutar

Poñemos a disposición:
8000 pezas de Kapla.(único en Galicia)
Billares e xogos de mesa inéditos
Makedo para construír con cartón
Exposición de xogos antigos
O día 7 de abril terá lugar esta presentación da exposición dos xogos no local do IEM e tamén unha xuntanza cos profesoras que acudan o acto, onde explicaremos o plan de acción para eses 15 días:
horarios, nº de alumnos por grupo, posible visita do técnico e artesán os centros escolares etc. Pregamos confirmar asistencia