Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D’A RELIXIÓN DO MAR o venres día 26 ás 20:00 horas.

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D'A RELIXIÓN DO MAR

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación, na libraría Paz desta cidade, do poemario A relixión do mar, de Xosé Iglesias Lamela, que obtivo en 2016 o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo convocado polo concello de Gondomar e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

O autor, mariñeiro en activo, rende neste libro unha homenaxe ao mar en todas as facetas con el relacionadas e faino coa forza, a autenticidade e a creatividade de quen ama profundamente o que fai e o que di; talvez por iso o poemario tivo unha traxectoria tan afortunada con abundancia de críticas favorables e presentacións en moitos lugares de Galicia. Agora tócalle recibilo a Pontevedra da man do tamén poeta (e máis cousas: profesor, etnógrafo, activista cultural) Calros Solla, gañador en 2011 do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo coa obra Holocausto zacoe, que compite con esta en forza, creatividade e orixinalidade, aínda que nun rexistro totalmente distinto.

O acto terá lugar o venres día 26 ás 20:00 horas na Libraría Paz, situada en rúa Peregrina nº 29 de Pontevedra.

Está en:  Inicio
Skip to content
Patrimonio arqueolóxico e etnográfico d'O Alto da Medoña (Saiáns). PDF Imprimir Correo-e

Proxectos pedagóxicos - Documentos
Escrito por IEM   
Luns, 11 Xuño 2012 18:38

alto-da-medona-250

Paneis explicativos do patrimonio arqueolóxico e etnográfico do Alto da Medoña, na parroquia viguesa de Saiáns.

Proxecto: Xosé Lois Vilar Pedreira (IEM)
Guión: Eduardo Méndez Quintas (IEM)
Descarga: Tipo de arquivo: PDF (Pode adaptar a impresión a calquera tamaño de folio)
Orixinal: Conxunto de 6 carteis (999,8 x 699,9mm)
Antecedentes: 6 carteis informativos do xacemento arqueolóxico d'O Alto da Medoña, distribuídos nun vieiro etnográfico duns 3 km de lonxitude que percorre os lugares de interese patrimonial da parroquia de Saiáns. Destacan os aspectos máis salientables do xacemento: o lugar de achado dos machados de talón; a mina de auga do sur do castro; a presa e a levada de auga; os tres muíños hidráulicos; os muíños naviculares de soporte fixo; o foxo; os terrapléns e parapetos e a croa e os socalcos. Material exposto de xeito permanente na parroquia de Saiáns (Vigo), como parte dos traballos de intervención arqueolóxica e patrimonial desenvolvido polo Instituto de Estudos Miñoranos a pedido da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común "San Xurxo". Inaugurados o 4 de xuño de 2011.
alto-da-medona-descargarContido.
1- A Mina de auga.
2-O Foxo do oeste.
3-As Terrazas e a Croa.
4-Os Muíños hidráulicos.
5-Os Muíños de soporte fixo.