Visita nocturna aos petróglifos do Parque Tourón co arqueólogo Xosé Lois Vilar. Imprimir

Xeiras - Calendario
Escrito por IEM   
Martes, 18 Agosto 2015 21:35
DSC05179_Custom

No marco das actividades "Alén Miñor", saídas fóra da bisbarra do Val Miñor organizadas polo Instituto de Estudos Miñroranos, visitarase os Petróglifos de Tourón no concello de Pontecaldelas. O punto de encontro será o Centro de Interpretación de Arte Rupestre do Parque Tourón, este venres 21 de agosto ás 21:00 horas

O evento contará cunha presentación audiovisual sobre arte rupestre galaico-portugués a cargo do arqueólogo Xosé Lois Vilar (Subdirector do IEM), a desenvolverse no punto de encontro.

Logo da presentación terá lugar a visita ao conxunto de petróglifos do Parque Tourón. A actividade é para todo público e totalmente gratuíta. Recoméndase ter a precaución de levar auga para beber, lanternas, abrigo e calzado apropiado para a travesía.