Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio
Skip to content
O vindeiro 20 de xullo terá lugar a Homenaxe ás Vítimas do Franquismo na illa de San Simón. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Sábado, 12 Xullo 2014 00:27
placa-vitimas-franquismo

- Os interesados en participar deben reservar praza no correo do IEM a través do teléfono 986360575 de luns a venres de 18 a 22 horas.

Como todos os anos chega a data que temos por costume levar a cabo un acto conxunto das asociacións galegas integradas á Iniciativa Galega pola Memoria Histórica en San Simón, isto é, o domingo máis próximo ao 18 de xullo. Neste caso cadra o 20. Este ano o Día do Homenaxe ás Vítimas do Franquismo estará dedicado á viaxe a Galicia que o Relator especial da ONU para a Verdade, a Xustiza, a Reparación e as Garantías de Non Repetición, que tivera lugar por parte do Sr. Pablo de Greiff  no pasado mes de xaneiro.

O Relator da ONU fixo e publicou unhas conclusións preliminares do seu traballo de observación no que atinxe ao respecto aos dereitos humanos no Estado español no referente á memoria histórica, que,  logo de xuntarse con representantes das asociacións da Iniciativa Galega pola Memoria, supoñen unhas conclusións realmente demoledoras para o Estado español, que, segundo o Relator da ONU, non está a cumprir, nin os tratados internacionais asinados polo propio Estado español, nin a lexislación internacional referente ao respecto aos dereitos humanos, defendida pola propia ONU

Está xa confirmada a presenza na homenaxe nacional ás vítimas do franquismo do  escritor e xornalista Manolo Rivas, quen vai ler un resumo das conclusións do Relator da ONU da súa visita a Galiza, sobre todo o referente ao respecto aos dereitos humanos.

Detalles do acto e reservas de lugar

En prinicipio -falta a definitiva confirmación-, o barco sairá de Cesantes. Pero pode darse un problema ocasionado polas mareas, similar ao que ocorreu o ano pasado, e se o barco saíra de Vilaboa, ou con outro horario, avisaríamos co tempo abondo.Nun principio as saídas son estas:
Saída do 1º barco .- 10,15 h.
Saída do 2º.barco  - 10,40 h.

Saída do 3º barco  - 11,00 h.

acto central na illa sería ás 12,30

E o regreso faríase a partir das 13:30 h.

Os interesados en participar deben reservar praza no correo do IEM Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou a través do teléfono 986360575 de luns a venres de 18 a 22 horas.