Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio
Skip to content
Abrimos inscricións para o curso de “Iniciación á Botánica Práctica – 2015 ” co profesor Xosé Ramón García. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 07 Abril 2015 19:35
curso_2014

Abrimos inscricións para un Curso de "Iniciación á Botánica Práctica" a cargo do profesor Xosé Ramón García* (IEM). O seu obxectivo é adquirir un coñecemento básico sobre as distintas especies vexetais e familias de plantas do Val Miñor. Cada sesión constará dunha presentación teórica (ata 45 minutos) seguida dun descanso de 5-10 minutos e unha parte práctica (aprox. 45 minutos)

Data: 4, 6, 11 e 13de maio

Horario :  De 20,30 a 22 horas

Lugar: Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, Nº 10, baixo, Gondomar)

Prazas: 16

Prezo: 20 euros (público xeral) 15 euros (socias/os do IEM)

O curso inclúe unha saída de campo con data a definir.

Os interesados deben inscribirse a través do correo oficina@minhor. org. Tamén poden facelo na Aula de Cultura Ponte de Rosas de luns a venres de 18 a 22 horas. Para máis información no teléfono 986 360 575 de luns a venres de 18 a 22 horas. A lista de inscritos pecharase por rigoroso orde de inscrición ata esgotar prazas.

* Xosé Ramón García Martínez (Pontevedra, 1950) é membro da Xunta de Goberno do IEM e director da Sección de Xeiras. Exerceu como catedrático de Bioloxía e Xeoloxía no IES do Castro (Vigo). Simultaneou durante moitos anos esta actividade docente coa recollida de información botánica no campo, resultado da cal son unha trintena de publicacións das que é autor ou coautor. Entre as súas obras de divulgación botánica podemos citar: Pequena flora de Galicia (1979), Guía de plantas con flores de Galicia (Xerais 1991) e Guía de Plantas de Galicia (2008).