Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio
Skip to content
Presentación do libro “Contos e Lendas de Baiona”, de Julio Eulogio Villarino Espino. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 02 Xuño 2015 19:37
LENDAS-DE-BAIONA-capa-Def

O vindeiro venres 5 de xuño ás 20.30 horas presentaremos Contos e Lendas de Baiona, ópera prima, de Julio Eulogio Villarino Espino. O libro será presentado polo autor e contará cunha introdución a cargo de Miguel Anxo Mouriño, responsable da sección de Filoloxía e Literatura do IEM. Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na avenida da Feira Nº 10, baixo, en Gondomar.


Julio Eulogio Villarino Espino (Sevilla, 1982) é veciño de Baiona, onde se criou. Gañador dalgúns premios literarios (I Premio dende A Fonsagrada con Amor, 2014) e participante habitual na sección de Colaboracións Literarias do Instituto de Estudos Miñoranos, esta é a súa primeira obra completa, onde recolle moitas das tradicións orais da comarca de Baiona.