Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Iván Puentes no faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros. Municipalismo." Venres 15 de marzo ás 20:30h

O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir o venres día 15 de marzo ás 20:30h ao faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros" no que intervirá o secretario de política municipal do Partido Socialista de Galicia, Iván Puentes.

Moderará a xornada Luís Álvarez Pousa (director da revista Tempos Novos).

O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto do municipalismo.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.
Está en:  Inicio
Skip to content
Don Francisco Fernández del Riego PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Venres, 26 Novembro 2010 22:27
lazopara-web
O Instituto de Estudos Miñoranos informa aos seus socios/as , amigos/as da triste nova do falecemento de Don Francisco Fernández del Riego ocorrido no día de hoxe, 26 de novembro de 2010.
Don Paco, socio de honra do Instituto de Estudos Miñoranos e fillo adoptivo de Nigrán, foi para nós un gran fornecedor de ideas e actitudes en defensa da lingua e da cultura nacional.
No noso recordo permanente continuará a selo como deixamos escrito na praia de Lourido en 2002: "Nestas pedras será sempre lembrado don Paco del Riego".