Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Laura Ramos Cuba gaña o XIº Premio de poesía VictorianoTaibo coa obra presentada baixo o título de A situación actual

O xurado do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, integrado polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da Xª edición, resolveu que o libro gañador desta XIª edición era o presentado co título de A situación actual que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Laura Ramos Cuba.

O xurado valorou que se trata dunha obra absolutamente contemporánea en que atopamos unha voz intimista moi forte. Unha voz dunha grande radicalidade, capaz de reflectir unha situación límite, unha crise emocional. Destaca a capacidade de poetizar o cotián con sinxeleza e fondura a un tempo. O xurado tamén salientou a unidade do libro, que mantén ao longo da lectura o pulso e o ritmo.

Laura Ramos Cuba, é unha moza burelá graduada en xornalismo e comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Este é o seu primeiro premio e, será, o seu primeiro libro publicado, co que o certame Victoriano Taibo ten a satisfacción de permitir que saia á luz esta voz actualísima que nos fala desde as súas propias coordenadas inseridas neste século XXI.

A entrega do premio será o día 17 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
Mesa Redonda: Pola Protección da serra do Galiñeiro. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Mércores, 22 Decembro 2010 15:24
cartel_mesa_redonda_galieiro

O Instituto de Estudos Miñoranos convoca a unha mesa redonda Pola protección da Serra do Galiñeiro para o próximo martes 28 de decembro ás 20 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira Nº 10, Baixo, Gondomar. Ante a inminente conversión do emblemático parque natural en parque eólico o IEM xunto as comunidades de montes veciñais, asociacións de veciños, plataformas para a defensa dos dereitos ambientais, clubes deportivos e moitas outras institucións queremos levar a diante esta instancia de debate na búsqueda de alternativas para salvaguardar e defender o patrimonio natural do Val Miñor.


Na mesa debaterase sobre:
A tramitación das figuras de protección máis acaídas a este espazo.
Os efectos da declaración desas figuras, os usos compatibles e a influenza socioeconómica.
Os valores da serra, claves a destacar ante un estudo de impacto ambiental.
Interveñen:
Francisco J. Benítez Gómez: Biólogo. Director técnico de ALCIONE, consultoría de impacto ambiental.
Adolfo Cordero Rivera: Catedrático de Ecoloxía Evolutiva da Universidade de Vigo. Ex membro do Observatorio Galego sobre a Conservación da Natureza.
Gonzalo Puerto Arribas: Director do Parque Natural de Aloia. Técnico provincial da Rede Natura en Pontevedra.
Convocantes: ADEGA, A RÍA NON SE VENDE, ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE VINCIOS, ASOCIACIÓN "A GROBA", ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CASCO VELLO DE VIGO, CENTRO SOCIAL CULTURAL DEPORTIVO DE TAMEIGA "AS PEDRIÑAS", COMUNIDADE DE MONTES DE VINCIOS, CLUB DE ESPELEOLOXIA "O MAÚXO", INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS, MONTAÑEIROS CELTAS, PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA DE VIGO "CIES", SALVEMOS MONTEFERRO, S.O.S. GROBA, VERDEGAIA.