Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D’A RELIXIÓN DO MAR o venres día 26 ás 20:00 horas.

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D'A RELIXIÓN DO MAR

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación, na libraría Paz desta cidade, do poemario A relixión do mar, de Xosé Iglesias Lamela, que obtivo en 2016 o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo convocado polo concello de Gondomar e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

O autor, mariñeiro en activo, rende neste libro unha homenaxe ao mar en todas as facetas con el relacionadas e faino coa forza, a autenticidade e a creatividade de quen ama profundamente o que fai e o que di; talvez por iso o poemario tivo unha traxectoria tan afortunada con abundancia de críticas favorables e presentacións en moitos lugares de Galicia. Agora tócalle recibilo a Pontevedra da man do tamén poeta (e máis cousas: profesor, etnógrafo, activista cultural) Calros Solla, gañador en 2011 do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo coa obra Holocausto zacoe, que compite con esta en forza, creatividade e orixinalidade, aínda que nun rexistro totalmente distinto.

O acto terá lugar o venres día 26 ás 20:00 horas na Libraría Paz, situada en rúa Peregrina nº 29 de Pontevedra.

Está en:  Inicio
Skip to content
Don Paco del Riego no Valmiñor por Xulián Maure Rivas. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Luns, 10 Xaneiro 2011 22:53
N-2
Download this file (Obituario a Don Paco del Riego2.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
Achegamos este obituario de don Francisco Fernández del Riego, escrito por noso compañeiro Xulián Maure (membro da Xunta de Goberno do IEM) e publicado pola revista Tempos Novos na súa edición de decembro de 2010. O escrito lembra distintos momentos da vida de don Paco e a súa pegada no Val Miñor.
Lembramos que o Instituto de Estudos Miñoranos súmase a homenaxe a don Francisco Fernández del Riego, organizado pola Editorial Galaxia e a Fundación Penzol. A mesma realizarase o próximo venres 14 de xaneiro ás 19:30 horas na sala de conferencias do Centro Social Caixanova en Policarpo Sanz 24-26, Vigo
Attachments:
Don Paco del Riego no Valmiñor[ ]1279 Kb