Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Encontros con contos- Contos saharauís en galego. Xoves, 24 de agosto ás 18:00h.

O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” e “ A bolboreta e a formiga” “ O ourizo e o lobo”” A velliña e o home enfermo” “ O pantalón de Alí” ) .
Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.

Está en:  Inicio
Skip to content
Xornada "Embarcacións patrimoniais: navegando por un mar de dúbidas". PDF Imprimir Correo-e

Marítima - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 24 Febreiro 2011 23:46
XornadasEmarcacionsTradicionais-Cambados_20110225-1
Download this file (XornadasEmarcacionsTradicionais-Cambados_20110225.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O vindeiro día 25 de febreiro vai ter lugar no Centro Comarcal do Salnés, en Cambados, a Xornada "Embarcacións patrimoniais: navegando por un mar de dúbidas." dentro do Proxecto NEA2. Intervirán representantes da Dirección General de la Marina Mercante, Consellería de Cultura, L'Atelier de l'enfer, Proxecto NEA2 Francia, Museo do Mar de Galicia, Museo Marítimo de Barcelona, Proxecto Dorna e a Sección Marítima do IEM.
O obxectivo da xornada é estudar a situación actual dos barcos de interese patrimonial, tanto do punto do vista da súa protección como Patrimonio que son, como desde o punto de vista da normativa de navegación que lles é de aplicación e inclusive desde o punto de vista das dificultades para establecer unha definición de embarcación tradicional que non estea suxeita a interpretacións en cada caso que se presente.
Attachments:
Folla informativa[ ]180 Kb