Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- TOMIÑO- Arquitectura militar histórica. Fortalezas. Xoves 19 de xullo ás 18:30h.

O vindeiro xoves 19 de xullo ás 18:30 h terá lugar a quinta xeira de verán polo concello de Tomiño, Arquitectura militar histórica. Fortalezas. dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Antonio Soliño Troncoso.

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

O punto de encontro será no Pazo-Torre dos Correa. Goián:

https://drive.google.com/open?id=1vF-TpyWSLjdaaPzHo8R-rCtn6cDIYqsn&usp=sharing

 

AS XEIRAS DO IEM. VERÁN 2018

ARQUITECTURA MILITAR HISTÓRICA. FORTALEZAS DE GOIÁN

Guía

ANTONIO SOLIÑO TRONCOSO

O lugar foi considerado estratéxico dende o medievo e consecuentemente controlado por diversos señoríos e as distintas monarquías. En Goián levantouse a Torre dos Correa no século XIV, con xurisdición sobre a desaparecida Vila da Barca, inmediata a ela e ao río ata que se trasladou despois da guerra do XVII para o lugar que agora ocupa a parroquial na parte alta. O nome víñalle da embarcación utilizada para cruzar o río. Tamén en 1321 D. Denis, o rei poeta, concede foro a Vila Nova de Cerveira e fortifícaa. Tempo máis tarde, no XVII, durante a Guerra de Restauración, o exército portugués constrúe un complexo sistema militar, que recolle as innovacións incorporadas no trazado e fundación de fortalezas para contrarrestar os avances da balística, con base en Vila Nova e cabeza en Goián, unidas por unha ponte de barcas, ata que asinada a Paz de Lisboa, en 1668, a coroa española ordena levantar unha fortaleza pétrea de catro baluartes, a actual de San Lourenzo, como contrapunto ás edificacións militares do lado portugués presididas polo antigo castelo gótico.

Ao longo da xeira teremos ocasión de ver e comentar o Pazo-Torre dos Correa, o Castelo da Nosa Señora da Concepción, a Fortaleza de San Lourenzo, o Castelo medieval de Vila Nova de Cerveira, o antigo embarcadoiro da Vila da Barca no Miño e o inicio do Camiño da Nosa Señora do Norte en territorio galego. Tamén falaremos da Atalaia do Espírito Santo, do Forte de Lobelhe, do Facho, do Forte das Chagas e do Castelo de Medos intentando contextualizalos no seu tempo. Farémolo durante as tres horas que nos levará percorrer os 3,4 Km. dunha xeira circular de baixa dificultade. O punto de encontro é o Pazo-Torre dos Correa. Todo o traxecto será acompañado de intérprete de lingua de signos.

 

 

Está en:  Inicio
Skip to content
Preséntase en Santiago de Compostela o libro das Actas do Congreso Emigración - Educación (1900-1936) PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Martes, 05 Xullo 2011 04:01
portada-libro-1-centenario-iem

 O próximo mércores 6 de xullo ás 20:00h. na Libraría Couceiro ( Prza. Cervantes, 6, Santiago de Compostela) terá lugar un acto público de presentación do libro, editado polo Instituto de Estudos Miñoranos, que recolle as comunicacións presentadas no Congreso EMIGRACIÓN E EDUCACIÓN (1900-1936) Iº CENTENARIO DAS ESCOLAS DA UNIÓN HISPANO-AMÉRICANA VALLE MIÑOR (1909-2009).

O congreso tivera lugar entre os días 29 de xuño e 3 de xullo de 2009 celebrouse en Nigrán, nas instalacións do Instituto de Educación Secundaria "Escolas Proval", o Congreso "Emigración e Educación 1900-1936. Iº Centenario das Escolas da Unión Hispano-Americana Pro Valle Miñor (1909-2009)", organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) como celebración do centenario da creación das Escolas da Unión-Hispanoramerica Pro Valle Miñor creadas pola asociación homónima impulsada polos emigrantes miñorás en Arxentina e no Uruguai.

O Congreso reuniu  unha manchea  de  profesores/as  e investigadores/as  das universidades da Coruña, Santiago, Vigo e Bos Aires, e doutras institucións para recoller  as súas respectivas visións  sobre diferentes aspectos da emigración e da educación en Galicia no primeiro terzo do século XX.

Ramón Villares Paz, Lourenzo Fernández Prieto,  Dionisio Pereira, Miguel Cabo,  Pilar Cagiao, Uxío-Breogán Diéguez, Raúl Soutelo , Xoán Carmona, Narciso de Gabriel, Ruy Farías, Xosé Manuel Cid, Antón Costa,  Xosé Manuel Malheiro, Rosa Pascual, Álvaro Peralta, Carlos Méixome, María Xosé González, José Ramón Iglesias, Miguel Anxo Santos Rego, María do Mar Lorenzo e Xosé Manuel Beiras fixeron as súa achegas que   se recollen na presente publicación coordinada polo profesor Xosé Manuel Malheiro.

Dous anos máis tarde ve a luz un volume no que se recollen as actas do Congreso.

O volume de máis de 500 páxinas está organizado e dous grandes paneis. No primeiro faise unha achega á historia económica, política e social da Galicia no primeiro terzo do século XX. O segundo panel denominado  O labor educativo da emigración galega e as escolas da Unión Hispano-Americana Pro Val Miñor centrase na historia da educación, no papel da emigración no desenvolvemento dos centros escolares e no estudo do caso das Escolas Pro Valle Miñor de Nigrán O libro iniciase cun adro introdutorio a cargo do profesor Ramón Villares e unha coda ou remate de Xosé Manuel Beiras.

 

No acto  de presentación estarán presentes ademais dos profesores X.M. Beiras e R. Villares, o profesor e coordinador da edición Xosé Manuel Malheiro e o director do Instituto de Estudos Miñoranos Carlos Méixome

Atentamente