Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Carlos Casares no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar o 17 de maio ás 19:30h.

Cartel divulgativo do evento da autoría de Fino Lorenzo.

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns e o concello de Gondomar, a través da concellería de Cultura, homenaxearán a Carlos Casares, miñorán de adopción, cun acto amenizado polo grupo musical, nesta ocasión en formato trío, 2naFronteira (cuxo amplo repertorio incluirá algún poema do escritor celebrado) e dirixido por Marta Dacosta, que irá dando paso a outras actividades, entre as que sobresae a lectura pública de textos do autor homenaxeado. Cómpre tamén salientar a proxección do vídeo Do Vilariño ao Carlos Casares, elaborado polo alumnado e o profesorado do CEIP Carlos Casares, de Vilariño (Nigrán).
O acto comezará ás 19:30h no auditorio municipal Lois Tobío, de Gondomar.

Está en:  Inicio
Skip to content
A norteamericana Rachel Ceasar visitou o IEM no marco do seu doutoramento en antropoloxía forense. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Martes, 23 Agosto 2011 20:26
rachel-ceasar

O silencio que a psicóloga Rachel Ceasar atopou sobre a situación das vítimas da guerra civil e a represión franquista na súa primeira visita a España en 2004 levouna a elixir os actuais traballos de exhumacións nas fosas, como tema para o seu doutoramento en antropoloxía forense que cursa na Universidade de Berkeley, California. Nunha curta charla mantida na sede do IEM, Rachel informounos que dentro dese marco de estudo, elixiu centrar as súas pescudas en Galicia, onde atopou unha particular confluencia do interese científico coas necesidades de identidade e xustiza dunha parte da sociedade.
"A exhumación é unha forma tacto - física para sacar a luz a historia e a identidade de España", sinala esta moza, licenciada en psicoloxía pola UCLA en Os Anxos (Estados Unidos). A investigadora entende que estes esforzos permiten contar unha historia "aínda que os manuais de estudo non falen do que realmente pasou en España".
Este doutoramento estase a desenvolver dende 2009 e terá á investigadora ata o próximo verán 2012 na tarefas de campo. Con apoio loxístico de expertos de toda Galicia, Rachel tamén contará co asesoramento e apoio do equipo de investigadores na área de Memoria Histórica do IEM, a que conta con arqueólogos, historiadores e expertos que levan traballado en varias intervencións en distintos puntos de Galicia.