Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Suspensión da presentación de “ Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

Como consecuencia da declaración polo Concello de Nigrán de tres días de loito oficial, quedan suspendidas tódalas actividades organizadas polo Concello, e polo tanto tamén a presentación de “Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

Está en:  Inicio
Skip to content
Gonzalo Navaza novo Académico Correspondente da Real Academia Galega. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 03 Outubro 2011 21:04
0561309001193045858-gonzalo-navaza

Temos o grato pracer de comunicar que o noso compañeiro do IEM, Gonzalo Navaza Blanco foi nomeado Académico Correspondente da Real Academia Galega a través dunha resolución do seu Plenario, reunido o pasado venres 30 de setembro.  Nado en Lalín (1957) e residente dende hai anos na parroquia de Peitieiros (Gondomar), Navaza é profesor  titular na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. O seu labor investigador céntrase entre outras materias, na toponimia e na onomástica. É autor de innumerables traballos nestas disciplinas,  sendo o libro Saians, número 1 da colección "O nome dos lugares", editada polo IEM, a súa última publicación nesta disciplina. O noso compañeiro tamén destaca como creador literario e tradutor.