Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
CONVOCATORIA XUNTA XERAL 2011. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 05 Outubro 2011 23:15
Logo-IEM-oficialweb

O INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS, convócate á XUNTA XERAL 2011, que se celebrará o vindeiro

 MARTES  25 de outubro de 2011, ás 21:00  na AULA DE CULTURA PONTE DE ROSAS, para tratar os seguintes puntos do día:

 1.- RENOVACION CARGOS XUNTA DE GOBERNO.

O artigo 4º dos estatutos do Instituto de Estudos Miñoranos, establece que:

O IEM estará rexido por unha Xunta de Goberno, composta por un Director/a, un Vicedirector/a, doce vocais, un Secretario/a e un Administrador/a.

Todos estes cargos serán desempeñados por membros numerarios do IEM elixidos pola Xunta Xeral do mesmo.

A elección será por catro anos, renovable por un segundo período, podendo ao transcorrer este, ser elixido para outro cargo.

Así mesmo, formarán parte da Xunta de Goberno os titulares dos tres concellos miñoranos ou persoas nas que deleguen”

 A actual Xunta de Goberno foi nomeada con data 18.07.2007, debendo polo tanto, renovala  ou nomear unha nova.

 

 Data límite para a presentación de novas candidaturas: luns 24 de outubro 2011, na sede do IEM, Aula de Cultura Ponte de Rosas