Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio
Skip to content
Multitudinaria marcha en defensa do cabalo ceibe e contra o microchip percorre Baiona. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Xoves, 13 Outubro 2011 21:42

{youtube width="250" height="200"}6qoQUYXiSF0{/youtube}

Unha multitude de persoas a pé e a cabalo manifestouse en Baiona en contra da obrigatoriedade da colocación dun microchip aos cabalos ceibes do monte. Un manifesto lido pola Asociación de Propietarios de Cabalos do Monte da Groba reclamou á Xunta de Galicia a aplicación da excepción da normativa europea que habilita a manter as marcas e rexistros tradicionais nos casos de animais que viven en condición salvaxe. A marcha partiu sobre o medio día deste mércores 12 de outubro dende o Camping da Ladeira ata a Virxe da Rocha, pasando pola fronte marítima de Baiona.
CABALOS CEIBES SI, MICROCHIP NON
Baixo o lema Cabalos Ceibes si, microchip non, os manifestantes manifestaron que non cesará na loita por derrogar a norma que obriga á colocación do microchip. Propuxeron a creación dun Rexistro de Asociacións de Propietarios de Cabalos Ceibes do monte galego , e un Regulamento que acolla os usos tradicionais e as marcas, ademais do mantemento das axudas "para que non se extinga."
Os convocantes salientaron que " As autoridades competentes que teñen que velar para que isto non suceda, a Xunta de Galicia, agóchanse en escusas e falsas directrices legais que o que verdadeiramente pereiguen e todo o contrario, pornos atrancos aos que aguantamos rexamente, como dicía o poeta Celso Emilio Ferreiro, mentiras e inxustizas de cotío". Por outra banda acusaron á administración autonómica perseguir "outros propósitos ocultos que non defenden os verdadeiros intereses dos que queremos ver nos nosos montes os cabalos ceibes e seguir levando adiante, como o fixeron os nosos devanceiros, una tradición moi nosa, do pobo e da cultura galega, da que nos sentimos orgullosos e que queremos legar aos nosos fillos e netos, non só como un deber, se non que tamén como una obriga moral de defender o que é de todos e do que non queremos que ninguén se apropie ou deixe morrer , silandeiramente argallando decretos e leis que van contra o sentido común."
Texto completo do manifesto.
A Asociación de Propietarios de Cabalos do Monte da Groba agradece a tódolos presentes e a tódolos asistentes a súa participación nesta Manifestación. Manifestación que pon en evidencia que somos moitos os que estamos dispostos a loitar para que unha tradición milenaria e un animal que leva anos vivindo ceibe nos nosos montes, prestándonos ao longo dos séculos múltiples servizos, non desapareza. As autoridades competentes que teñen que velar para que isto non suceda, a Xunta de Galicia, agóchanse en escusas e falsas directrices legais que o que verdadeiramente perseguen e todo o contrario, pornos atrancos aos que aguantamos rexamente, como dicía o poeta Celso Emilio Ferreiro, mentiras e inxustizas de cotío, e queremos dicirlle, alto e claro, que non imos afrouxar nas nosas reivindicacións xustas e e axustadas as leis europeas, e non a directrices baseadas en falsas verdades ou, si queredes, mentiras a medias, para conseguir outros propósitos ocultos que non defenden os verdadeiros intereses dos que queremos ver nos nosos montes os cabalos ceibes e seguir levando adiante, como o fixeron os nosos devanceiros, una tradición moi nosa, do pobo e da cultura galega, da que nos sentimos orgullosos e que queremos legar aos nosos fillos e netos, non só como un deber, se non que tamén como una obriga moral de defender o que é de todos e do que non queremos que ninguén se apropie ou deixe morrer , silandeiramente argallando decretos e leis que van contra o sentido común.
. Non queremos o microchip nas burras do monte, e por que non o queremos?:

 

. Por que as "burras do monte" non son gando, entendido como animais criados para tirarlle rendemento económico.
Por que as "burras do monte" nacen e viven ceibes, como animais salvaxes, e non se manipulan cando e como un quere, só nos Curros e con un grande esforzo e traballo de moita xente.
Por que as "burras do monte" xa teñan un marco identificativo, historicamente usado, que permite saber quen é o seu propietario, están rexistradas no libro das asociacións e teñen os seguros aos que obriga a lei.
Por que "as burras do monte" son un Patrimonio Cultural e Natural do noso país, que necesita protección para que persista e non se perda en pouco tempo. Están nos nosos montes dende hai miles de anos, como testemuñan os petróglifos, e forman parte da nosa cultura etnográfica dun xeito singular en toda Europa.
Por que cumpren unha función ecolóxica moi importante para os nosos montes, como desbrozadores naturais e como animal salvaxe en perigo de extinción.
Por que o seu valor de mercado e moi inferior ao seu valor social e, polo tanto, necesitan de medidas de protección e apoio para a súa pervivencia, nun medio suxeito a moitas presións e cambios que as levan a unha diminución paulatina moi perigosa.
Por que ou se crea unha figura de especial protección xa ou desaparecen en poucos anos, co que iso suporía para o patrimonio cultural galego e europeo, que espera que algún día sexa considerado pola UNESCO Patrimonio Universal.
Por que ninguén se opón a que se controle e regule, axeitadamente, a vida das "burras do monte" se non que se propón que se xeneralice o control mediante as Organizacións de propietarios por zonas, con un regulamento no que consten o libro de propietarios, os exemplares, os marcos e os seguros obrigatorios, segundo se está a facer xa na Serra da Groba.
Por que a Xunta debería propor a súa inclusión como Patrimonio Galego Inmaterial e animal salvaxe en perigo de extinción, e solicitar de Europa a súa inclusión no catálogo de especies protexidas e de especial regulamento polo seu interese patrimonial e natural.
Por que o microchip non vai evitar os accidentes, que son iso, accidentes e imprevisibles, se non que son as Asociacións de Propietarios xunto coas Comunidades de Montes e os Concellos, coordenados polas Consellarías de Cultura, Medio Ambiente Medio Rural, os que teñen que facer uns Plans de Ordenación do Monte nos que habitan as nosas burras para localizar e neutralizar posibles puntos negros e de conflito, suxerindo e promovendo medidas correctoras en colaboración conxunta.
Por que a U.E. non obriga a pór o microchip aos cabalos salvaxes e si a protexelos, xunto co patrimonio que supoñen as súas festas tradicionais dos Curros e Rapas
Por todo o dito demandamos da Xunta de Galicia que axude a supervivencia dos cabalos do monte derrogando a norma que obriga a colocación do microchip e axudando aos propietarios e asociacións creando un Rexistro de Asociacións de Propietarios de Cabalos Ceibes do monte galego, e un Regulamento que acolla os usos tradicionais e as marcas e as axudas para que non se extinga.
CABALOS CEIBES SI, MICROCHIP NON