Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
A Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro ante a nova ampliación da Rede Natura 2000. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 06 Febreiro 2012 22:29
Gali_eiroLOGO

A Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro denuncia que unha vez máis O Galiñeiro queda fóra dos espazos a protexer, previstos na ampliación da Rede Natura 2000 que está a desenvolver a Xunta de Galicia. O colectivo, do que forma parte o IEM, adianta que presentará unha alegación ao documento "Borrador do Plan Director da Rede Natura 2000", elaborado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Medio Rural), e actualmente sometido ao público ata o vindeiro mes de marzo.
O devandito documento - borrador, pretende ampliar a superficie protexida de Galicia dende un 11% do territorio actual a un 16 %. Neste punto, a Plataforma entende que a ampliación "segue sendo insuficiente ante as prerrogativas europea que determinan protección para un 25 % do territorio dos Estados membros da Unión."
A non inclusión da Serra na Rede Natura 2000, fai que quede exposta " a calquera agravio ambiental no presente e no futuro", salienta a Plataforma. Neste senso, lémbrase que O Galiñeiro "alberga cinco hábitats de Interese Comunitario máis outro de Interese Comunitario Prioritario: turbeiras, carrasqueiras, vexetación de rochas silíceas etc. E non só os hábitats son de interese natural senón que a Serra dá acubillo a unha especie vexetal e nove animais que requiren protección estrita segundo as directrices europeas: son narcisos, anfibios, réptiles e morcegos. Para algunhas delas é preciso determinar zonas de especial conservación e outras requiren protección estrita."
Por estes motivos a Plataforma alega que a Serra do Galiñeiro debe ser incluída como Lugar de Interese Comunitario (LIC) dentro da normativa REDE NATURA 2000.