Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

De A a X. Unha historia de amor e resistencia. Venres 24 de novembro ás 20:30h.

O vindeiro venres 24 de novembro ás 20:30 , o IEM acollerá a obra De A a X. Unha peza de teatro contada en cartas de John Berger. Unha historia de amor e resistencia.
O acto terá lugar na sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10 baixo, Gondomar.

Xela Marx e Fiona Battersby convidan a compartir a escritura deste poeta, humanista, activista que deixou este mundo no comezo do ano.

Nas súas palabras:

"Cada ser é de máis breve de todas as cousas. Todo o mundo é todo o mundo; e a única cousa que nos frea nese coñecemento, é este ego que é mortal "

De A para X é uma história escrita em forma de cartas. John Berger a escreveu depois de escutar hora tras hora histórias das pessoas na Palestina. A história, porém, poderia acontecer em qualquer lugar.
Aida escreve ao seu amado Xavier que está na prisão. É uma ode ao amor tanto quanto um grito contra a injustiça no mundo.
As palavras que foram infundidas com ternura e uma profunda consciência do estado humano, são chamadas a serem encarnadas.
John Berger escreve: " Uma história escrita é como uma linha reta, um caminho que vai em direção ao horizonte.
Quando as palavras entram no teatro, porém, se convertem em parte de um círculo. "

Está en:  Inicio
Skip to content
Comunicado do IEM ante o aldraxe ao monumento en memoria das vítimas de represión franquista. PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 16 Abril 2012 20:27
Pintadas nas esculturas e muro do monumento. ( Iñaki Osorio /Faro de Vigo)

O Instituto de Estudos Miñoranos expresa a súa repulsa ao atentado perpetrado na madrugada do pasado 14 de abril contra o monumento en memoria dos mortos pola represión franquista, situado no cemiterio de San Francisco no concello de Ourense. Ao mesmo tempo, o IEM quere facer chegar a súa solidariedade cos familiares das vítimas e declarar que subscribe integramente o comunicado de repulsa asinado nese mesma data e que a continuación se transcribe.


"Ante o atentado realizado na madrugada do 14 de Abril no cemiterio ourensá de San Francisco, no monumento en memoria dos mortos pola represión franquista, os abaixo asinantes, en nome da sociedade libre e democrática, expresan a súa máis fonda repulsa por un acto que, alén de incívico, supón unha inaceptable aldraxe ás persoas mortas por defenderen os seus ideais.
Amigos da República
Asociación proCentenario de Nós 2020 (ApCNós2020)
Asociación Sociopedagógica Galaico Portuguesa (ASPGP)
Ateneo de Ourense
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
Campus de Ourense-Uvigo
Colexio Oficial de Médicos de Ourense
Comisións Obreiras (CC OO)
Confederación Intersindical Galega (CIG)
Coral de Ruada
Encontro Irmandiño (EI)
Esquerda Unida (EU)
Fundación Vicente Risco
Máis Galiza (+G)
Nova Escola Galega (NEG)
Partido Comunista de Galicia (PCG)
Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG)
Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE)
Seminario de Estudos Socialistas "Manuel Suárez"
Unión Xeral de Traballadores (UXT)
Ourense, 14 de Abril de 2012"

 

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4 {rokbox title=|