Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
Concentración no Curro de Torroña contra o microchip. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Sábado, 02 Xuño 2012 12:41
currodetorrona


Chegounos esta semana a nova da resolución da U.E. na que se aclara que, efectivamente, tal e como diciamos a Xunta pode regular o xeito de marcar e identificar os cabalos salvaxes, non necesariamente co microchip, como está a impor.
A resolución aclara o que xa sabiamos e que ven recollido na lei. Só a Xunta parece querer guerra e buscar coa obrigatoriedade da identificación co microchip outros fins distintos dos que di. É evidente que si se leva a cabo a identificación co microchip non se soluciona o problema ( seguiría a haber accidentes e incidentes aos que non se lles podería identificar o responsable si o animal non morre ou queda ferido e fuxe) e si, pola contra, mermaría o número de cabalos e propietarios existentes ceibos nos nosos montes, ao non poder ou querer facer fronte aos gastos de identificación dos animais, cun custo que se sumaría a outros que fan que ser propietario dun cabalo salvaxe significaría ter uns gastos moi maiores aos beneficios. Hoxe ninguén ten cabalos no monte polos posibles beneficios económicos, se non por manter unha tradición herdada de xeración en xeración e participar dunha festa que nos mantén ligados á terra e ao noso ser máis singular como galegos que temos nas raigames da nosa cultura e os pequenos ou grandes actos singulares que nos identifican como tales. Non querer ver isto e seguir a pór pexas ao diálogo e a busca de solucións, e unha mostra de que non interesa unha solución que manteña a tradición e a poboación de cabalos salvaxes.
No sur da provincia de Pontevedra, dende hai tempo ven funcionando bastante ben as asociacións dos curros e propietarios. Con algunhas reformas e acordos e mellorando aqueles puntos que aínda supoñen friccións entre propietarios e comuneiros, nalgúns casos, e con un bo regulamento consensuado entre todos, poderíamos chegar a buscar a solución que dunha vez por todas poña fin a este conflito e garanta a supervivencia dos cabalos, os curros e o equilibrio nos nosos montes, tan necesario para o ben de todos.
En tempos de conflito e ataques múltiples ao monte, a nosa cultura e as nosas tradicións, estar unidos e buscar posturas de consenso é máis necesario que nunca. Por eso a nosa postura sempre foi a mesma, diálogo e consenso, e defensa das nosas tradicións e patrimonio natural e cultural, coas súas singularidades.
Mañá haberá concentración no Curro de Torroña. Non haberá cabalos salvaxes, mais si moita xente que non se esquece do que é seu e non vai deixar que llo leven sen resistencia.
Todo o noso apoio e, gardando forzas par ao próximo día 10 que nos manifestaremos por Baiona, e iremos ata Mougás a rematar onde tantas veces por este tempos rematam