Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Laura Ramos Cuba gaña o XIº Premio de poesía VictorianoTaibo coa obra presentada baixo o título de A situación actual

O xurado do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, integrado polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da Xª edición, resolveu que o libro gañador desta XIª edición era o presentado co título de A situación actual que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Laura Ramos Cuba.

O xurado valorou que se trata dunha obra absolutamente contemporánea en que atopamos unha voz intimista moi forte. Unha voz dunha grande radicalidade, capaz de reflectir unha situación límite, unha crise emocional. Destaca a capacidade de poetizar o cotián con sinxeleza e fondura a un tempo. O xurado tamén salientou a unidade do libro, que mantén ao longo da lectura o pulso e o ritmo.

Laura Ramos Cuba, é unha moza burelá graduada en xornalismo e comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Este é o seu primeiro premio e, será, o seu primeiro libro publicado, co que o certame Victoriano Taibo ten a satisfacción de permitir que saia á luz esta voz actualísima que nos fala desde as súas propias coordenadas inseridas neste século XXI.

A entrega do premio será o día 17 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
Curso da UMP en Gondomar: "Dende o balado ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas" PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Venres, 22 Xuño 2012 22:05
CARTAZ_UIMP_IEM

O IEM organiza no vindeiro mes de setembro o Curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo: "Dende o badal ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas". O mesmo terá lugar os días 6-8 de Setembro de 2012, na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Os interesados en inscribirse se deben comunicar ao teléfono  986 360 575 (18 a 22 horas) ou a través dos correos electrónicos:   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo / Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Obxectivos do curso:

Preténdese dar unha visión global da evolución das sociedades rurais nos seus aspectos organizativos, representativos, culturais, demográficos, lingüísticos, … dende as formas de poboación antigas ata a complexidade das sociedades modernas.

Por outra banda, tamén se analizará como a complexidade propia das urbes se está a exportar ós pequenos núcleos de poboación e que consecuencias está a ter na convivencia inter e intrapobos. Como se están modificando os hábitos, os costumes, as formas de vida, o hábitat, os servizos e, en definitiva, como van mudando os valores desas sociedades, en teoría menos evolucionadas, que son as aldeas do noso pais.

Temario:

A incorporación dos novos urbanitas ao medio rural.

Cambios sociais e participación nas estruturas rurais.

A organización territorial no rural.

Evolución histórico-social, política e administrativa.

A toponimia no rural.

Transformación ou substitución.

O Municipalismo nas novas sociedades rurais e periurbanas.

Accións de futuro

Preme aquí para descargar o programa completo.

Créditos universitarios:

Universidade de Santiago de Compostela: 1

Universidade de Vigo: 1

Universidade d’A Coruña: 2

Inscricións:

IEM. Ave. da Feira, 10 Baixo. 36380 Gondomar

Tel.: +34 986 360 575 | Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

www.minhor.org

Director do Curso:

José Eladio Ferro Fontenla

Licenciado en Psicoloxía e en Pedagoxía

Titular da área de Sobredotación e Altas Capacidades

Secretario:

Carlos Méixome Quinteiro

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación

Profesor de Xeografía e Historia no Ensino Secundario

Organiza:

Instituto de Estudos Miñoranos (IEM)

Colaboran: Concello de Gondomar - Concello de Tomiño