Skip to content
Antonio Soliño Troncoso recibirá o Premio Gran de Area 2012 do Colexio de Arquitectos de Galicia. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 25 Outubro 2012 02:47
antonio-xeira-iem
maqueta-antonio
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

As delegacións co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de Pontevedra e Vigo, entregarán os premios Gran de Area 2012, de achegas á Arquitectura este venres 26 de outubro, ás 18 horas no Salón de Plenos do Concello de Campo Lameiro. Entre os galardoados atópase o noso compañeiro do IEM, Antonio Soliño Troncoso, polo seu proxecto "Rehabilitación e ampliación de vivenda unifamiliar en A Barga - Donas -Gondomar" . O seu traballo foi escollido entre 69 proxectos presentados para esta nova edición dos premios, e compartirá o recoñecemento do Colexio xunto con outras once creacións arquitectónicas visadas en Vigo e Pontevedra.


A decisión do Xurado premiou este ano oito obras executadas e tan só tres proxectos. Entre estes últimos, atópase o que Soliño Troncoso está a desenvolver nunha antiga finca rural do barrio de A Barga. O recoñecemento do Colexio tamén abrangue á familia Costas - Collazo, propietarios da finca, aos que se lle entregará un certificado coa distinción. Feito que o Colexio realiza con todos os titulares de obras ou proxectos premiados, ca fin de salientar a súa sensibilidade e aposta polo valor arquitectónico dos mesmos.
Este recoñecemento á obra de Antonio ten lugar por segunda vez e de forma consecutiva, xa no 2011 tamén recibira a distinción Gran de Area na categoría "Obra Nova" (agora xa executado), por "Casa para un músico xove e parella", na parroquia de Saíans (Vigo).

 

Compartimos a boa-nova con tódolos socios e amigos desta casa, e achegamos os nosos parabéns! a Antonio.